Navia, Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5213438 de 213.60.188.126 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Sen resumo de edición
Liña 20:
== Patrimonio ==
Entre os monumentos destacan o cruceiro da Devesa e os restos do Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur de Galicia. Tamén ten interese o conxunto parroquial formado por templo en estilo barroco rural con campanario en espadana, adro, casa reitoral, casa da obra, cruceiro, palco da música e cemiterio histórico está incluído no Catálogo de Bens Culturais de Vigo. A igrexa nova de Navia, de 1969, foi concibida segundo os postulados da arquitectura moderna de [[Le Corbusier]], e constitúe unha das obras máis destacadas do arquitecto [[Antón Román Conde]], xunto coa igrexa dos Picos do [[O Calvario, Vigo|Calvario]].<ref>{{Cita web|url=http://www.vigocasisecreto.com/archivo.php?pag=&id=798&tipo=4|apelidos=Cúbica|nome=Comunicación|páxina-web=www.vigocasisecreto.com|título=Vigo Casi Secreto {{!}} Inicio|data-acceso=2018-07-23|lingua=es}}</ref>
[[Ficheiro:Igrexa de Navia, Vigo (1969).jpg|miniatura|Igrexa de Navia.]]
 
Na parroquia atópase a [[praia de Samil]], un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude. Samil tamén é zona de expansión social e de lecer nocturno, cunha ampla zona de discotecas e pubs, e destino principal dos autobuses urbanos nocturnos (tamén chamados "búhos").
 
== Asociacións ==
A principal entidade social da parroquia é a [[Asociación Veciñal de Navia]], con sede na rúa Bravo nº6 e conta cunhas completas instalacións con auditorio e sala de conferencias onde se celebran eventos culturais, conferencias, cursos e proxeccións durante todo o ano. Tamén existe a [[Asociación Veciñal "Novo Vigo"]] que foi creada en [[2011]] para tódolos veciños do [[Pau de Navia]]. Destaca a existencia dunha emisora de radio veciñal, [[Onda Navia]], que emite na frecuencia 106.10 FM.{{cómpre referencia}}
 
== Lugares e parroquias ==