Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
*amerizar->amarar
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 136:
A última misión do programa luar engalou ás 12:33 do xoves 7 de decembro de 1972 dende a torre 39 do Centro Espacial Kennedy. 11 minutos e 53 segundos despois da ignición entraba en órbita terrestre. Despois de dar dúas revolucións, as 08:45:37 do tempo universal o Apollo 17 foi inserido en curso transluar. Durante a viaxe, de 13 días de duración participaron o veterano astronauta Cernan (piloto naval, que xa voara na Geminis 9 e no Apollo 10, última persoa en deixar pegada na Lúa, na chaira de Taurus-Littrow, 20º 10' N e 30º 46' E), o xeólogo Harrison H. Schmitt (adestrado coma piloto da forza aérea especialmente para ir á Lúa como piloto do módulo lunar, único científico que estivo alí), e Ronald B. Evans. Os dous primeiros pasaron 75 horas na Lúa (récord de permanencia) e recorreron 35 km no Moon Rover, explorando a zona do val do Taurus- Littrow, un canón situado xunto ó mar da Serenidade, mentres Ronald B. Evans permanecía en órbita no módulo de mando América arredor do satélite con cinco ratos para estudios.
 
Antes de abandona-la Lúa, Cernan colocou unha placa conmemorando o final do Programa Apollo de exploración á Lua. O 19 de decembro os tres homes regresaron á terra, a súa cápsula caeu ó Pacífico as 14:25, preto da illa de Samoa, a 6,4 km do punto previsto. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Ticonderoga, 52 minutos maismáis tarde despois de rematar a misión que durou 12 días, 13 horas e 52 minutos (301:52:00). Este último lanzamento custou máis de 450 millóns de dólares. Richard Nixon sinalou que así se marcaba o fin dun dos capítulos máis significativos da historia do home.
 
== Véxase tamén ==