Adolfo Lucas Reguilón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 7:
Ao saír da prisión botouse ao monte no val do Tiétar con varios compañeiros, creando a Agrupación Guerrillera Zona M (Alto del Mirlo) pola zona de [[Piedralaves]] ([[Provincia de Ávila|Ávila]]), dedicándose sobre todo á difusión de propaganda impresa, a sabotaxe dos tendidos eléctricos, o corte de estradas e a imposición de multas aos veciños da zona colaboracionistas do réxime de [[franquismo|Franco]]. En novembro de 1944, o grupo de Severo integrouse como fundador na [[Agrupación Guerrillera de Extremadura]] (División de Gredos). O grupo tiña unha ideoloxía propia, mestura de comunismo, cristianismo e pacifismo, elaborada por Reguilón a partir da idea de Unión Nacional lanzada por [[Jesús Monzón]] (máximo dirixente do [[PCE]] no interior de España). Publicou folletos políticos e os periódicos ''Uníos'' e ''El Guerrillero Carpetano''. A [[Garda civil]] e as organizacións antifranquistas considerábano un fantasioso e visionario, con apetencias de protagonismo e de mando. A actuación de Reguilón causaba malestar entre os demais grupos guerrilleiros, debido a que na práctica rexeitaba a acción armada.
 
A acción maismáis importante do grupo tivo lugar o [[16 de agosto]] de [[1946]], cando ocuparon por unhas horas a vila de [[Alameda del Valle]].
 
No verán de [[1947]] o grupo de Severo realizou a súa última acción na serra, no [[porto de Navacerrada]], como consecuencia da cal unha parella de mozos que acampaba na [[lagoa de Peñalara]] allea a todo, foi tiroteada pola Garda Civil.