The Roman Imperial Coinage: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Contidos: (emperador)
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna
Liña 5:
 
== Produción editorial ==
A produción dun catálogo cronolóxico das emisións monetarias do Imperio Romano arrincara en [[1923]] da man de [[Harold Mattingly]], numismático do [[Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico|Departamento de Moedas e Medallas]] do [[Museo Británico]]. O seu catálogo supuña unha salientable diferenza con respecto ao do seu predecesor, Henry Cohen, de [[1886]]. Mentres Cohen clasificara as moedas por emperador, e despois por orde alfabética da lenda, sen indicación ningunha dos [[Casa de moeda|obradoiros monetarios]], Mattingly daba para cada emperador unha clasificación cronolóxica das pezas ordenadas por [[Cecas da Antiga Roma|obradoiro monetario]] e por serie de emisión.<ref>''[http://www.virtualcohen.com/home Virtualcohen.com]''. Versión en liña do catálogo de Cohen, 120 anos despois da súa publicación inicial.</ref>
 
Mattingly asociouse con [[Humphrey Sutherland]] para elaborar os volumes IVb ([[1938]]) e IVc ([[1949]]), e con Percy H. Webb para os volumes Va ([[1927]]) e Vb ([[1933]]). A partir de [[1930]], a dirección editorial de cada volume dos que restaban foille encomendada a especialistas en cada período.<ref>Zehnacker (1986). Páxina 202.</ref>