Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
||
Liña 122:
Ao redor das 08:00 do [[27 de maio]], o ''Rodney'' e o ''King George V'' achegáronse a 39 km do ''Bismarck'', co inimigo ben iluminado polo sol da mañá no fondo. Nese momento a visibilidade era de só 19 km e o estado do mar era de 4–5 (de forte marusía a media vaga). O forte vento estaba soprando dende o noroeste cunha forza de 6 a 7. O ''Rodney'' dirixiuse cara o norte polo que podía disparar ao longo do ''Bismarck'', mentres que o ''King George V'' púxose de lado. Abriron fogo ás 08:47. O ''Bismarck'' respondeu, pero a súa incapacidade de manobrar e a súa escora cara babor afectaron á precisión. A súa baixa velocidade de sete nós o convertía nun obxectivo doado, e rapidamente foi alcanzado varias veces, cos cruceiros pesados ''Norfolk'' e ''Dorsetshire'' incorporándose ao combate. Ás 09:02 un proxectil de 200 mm do ''Norfolk'' impactou no control de fogo principal, matando ao oficial de artillería, Adalbert Schneider, que fora galardonado coa Cruz de Cabaleiro a primeira hora desa mesma mañá pola súa participación no afundimento do ''Hood''. Ás 09:08 un pesado proxectil do ''Rodney'' alcanzou ambalas dúas torretas dianteiras do ''Bismarck'', a Anton e a Bruno, poñendo a esta última fóra de combate; este impacto foi seguido por outra salva que destruiu o posto de control dianteiro, matando á meirande parte dos oficiais superiores. As torretas de popa, Caesar e Dora, continuaron disparando localmente. Ás 09:21 Dora foi eliminada. A tripulación de Anton logrou disparar a súa derradeira salva ás 09:27. Ás 09:31 Caesar realizou o seu derradeiro disparo e entón quedou eliminada. Esta salva alcanzou ao ''Rodney'', danando os seus tubos de torpedos. Os disparos efectuados polo ''Bismarck'' durante a batalla dirixíronse cara o ''Rodney'', o barco máis vello (quizais coa esperanza de conseguir un éxito semellante ao acadado co ''Hood''). O ''Bismarck'' chegou a ser unha ameaza para o ''King George V'' cando von Müllenheim, baixo control de fogo local, concentrouse neste barco pero o seu control foi voado por un impacto directo antes de que puidese disparar ao acoirazado británico. Aos 44 minutos, os canóns pesados do ''Bismarck'' estaban silenciados. O ''Rodney'' colocouse a queimarroupa (aproximadamente 3 km) para varrer a superestructura, mentres que o ''King George V'' disparaba dende máis lonxe.
[[Ficheiro:HMS Dorsetshire Bismarck survivors.jpg|250px|miniatura|Superviventes do ''Bismarck'' sendo izados ao ''HMS Dorsetshire'']]
O ''Bismarck'' continuou coa súa enseña izada. Sen sinais de rendición, a pesar da desigual loita, o británicos resistíanse a deixar o ''Bismarck''. As súas reservas de combustible e munición eran baixas, unha demostración do difícil que era para un acoirazado
O ''Bismarck'' desapareceu entre as ondas ás 10:39 desa mañá. Sen saber o destino do buque, o Grupo Oeste continuou emitindo sinais para o ''Bismarck'' durante varias horas, ata que Reuters informou de que o barco fora afundido. En [[Reino Unido]], a [[Cámara dos Comúns (Reino Unido)|Cámara dos Comúns]] foi informada do afundimento a primeira hora da tarde. O ''Dorsetshire'' e o ''Maori'' pararon de rescatar superviventes, xa que unha alarma de submarinos fixo que abandonasen a zona despois de rescatar a só 110 mariñeiros do ''Bismarck'', abandonando ao resto na auga. Na mañá seguinte o U-74, que escoitara ruidos do afundimento dende a distancia, e o buque meteorolóxico alemán ''Sachsenwald'' recolleu a 5 superviventes máis. 1.995 dos 2.200 tripulantes morreron.
|