Ventosela, Redondela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Aldeas Infantís: Organización non gobernamental
Liña 28:
 
== Economía ==
O tecido económico ata a finais dos 80 consistía nun modelo híbrido de economía familiar de subsistencia (millo, porcos, vacas, galiñas) con, polo menos, un membro da familia coma empregado industrial ([[Citroën]] en Vigo, Fábrica téxtil Regojo en Redondela), construción e mar (mariñeiros de baixura e mariscadoras). Ata a chegada do Mercado Único tamén existía a recollida casa por casa de leite ([[Larsa (empresa)|Larsa]]).{{cómpre referencia}}
 
Na actualidade, porén, as actividades agrarias están en moitos casos abandonadas, mesmo para subsistencia, e a aldea, pola súa proximidade a Vigo, Pontevedra e Redondela-vila, converteuse esencialmente nunha ''aldea dormitorio'' de empregados do sector servizos, construción (especialmente a empresa local [[Impergalicia]]) e fábricas (polígonos de [[Mos]], [[Porriño]] e [[Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën]]).