Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m →‎Definición: arranxiños
Liña 15:
 
== Definición ==
[[Ficheiro:Herman Moll Map of Europe.jpg|miniatura|350px|Mapa de Europa de Herman Moll (1703). As cores utilizadas polo [[Cartografía|cartógrafo]] non designan entidades políticas existentes, senón máis ben o recordo das antigas divisións xeográficas de época romana ([[Galia]], [[Italia]], [[Xermania Magna|Xermania (Roma)]]), xunto con outras que si son efectivas ([[Imperio Otomán|Imperios Turco]] e [[Imperio Ruso|Ruso]], [[Suíza|Confederación Helvética]], Reinos de [[Portugal]], [[Suecia]] ou [[Polonia]]).]]
Usando o vocabulario do [[materialismo histórico]], o Antigo Réxime definiríase como unha [[formación económico social]], é dicir, a combinación peculiar de [[Modo de produción|modos de produción]] e [[relación social|relacións sociais]] para un ámbito espazo-temporal máis ou menos amplo, que constrúe a súa adecuada [[superestrutura (marxismo)|superestrutura]] política e que se xustifica pola súa correspondente [[ideoloxía]]. Para a súa localización en tempo e espazo pódense restrinxir a tres os requisitos que un "aspirante" debía cumprir para alcanzar tal denominación.