Historia de Istambul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 89:
 
== Istambul contemporáneo ==
[[Ficheiro:Taksim Square.jpg|miniatura|200px|Praza Taksim]]
[[Ficheiro:Bosphorus.jpg|miniatura|400px|esquerda|Ponte sobre o Bósforo.]]
 
A proclamación en [[1923]] por [[Kemal Atatürk]] da República de [[Turquía]] con capital en [[Ankara]] supuxo a puntilla para a súa decadencia, aínda que nunca deixou de ser o centro económico, financeiro, industrial, comercial e cultural da rexión. Nas décadas de [[1950]] e [[1960]] a cidade sufríu un grande cambio estrutural cando a noutrora numerosa e próspera comunidade grega, procedente da poboación antiga, se viu mermadaminguada a consecuencia do [[Pogrom de Istambul]] de [[1955]], que provocou que a maioría dos gregos de Turquía fuxisen para Grecia.
 
Durante esta época, o goberno de [[Adnan Menderes]] procurou desenvolver o país no seu conxunto e construíu novas estradas e fábricas na cidade. Grazas a isto, Istambul dotouse de boulevardsbulevares modernos e de prazas públicas amplas, aínda que a expensas da demolición de edificios históricos.
 
Durante a década de [[1970]] a poboación comezou a medrar rapidamente ao chegaren inmigrantes da Anatolia na procura de traballo nas novas fábricas. Este aumento repentino provocou a construción apurada de edificios de vivendas de calidade e aparencia pobres, ao tempo que a metrópole se estendía polos arrabaldes.