Hábitat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 80:
A perda do hábitat é a maior ameaza para calquera especie. Se a illa na que vive a poboación dunha especie endémica deixa de ser habitable por algún motivo, esa poboación da especie extinguirase (agás que haxa cambios posteriores). De feito, calquera tipo de hábitat que estea rodeado por outro hábitat diferente pódese definir como unha illa, é un hábitat illado. Por cuestión de probabilidade, as pequenas [[Poboación (bioloxía)|poboacións]] polo xeral teñen unha diversidade xenética menor e teñen un maior risco de verse ameazadas pola depredación, a maior competencia interespecífica, por enfermidades ou catástrofes. A fragmentación de hábitats vese mellorada, en certa medida, grazas a presenza de corredores para a fauna que conecten as illas, ou pezas do territorio.<ref name="Miller" /> Eses corredores poden ser ríos, gabias, liñas de árbores ou mesmo pasos subterráneo nas estradas.<ref name="Miller" /> Sen os corredores as sementes da flora non pode dispersarse de igual xeito e os animais, en particular os pequenos, non poden viaxar por ese territorio, hostil para eles; co que son poboacións máis expostas ao [[Extinción|risco de extinción]] local.<ref name="holland2008">{{cita publicación periódica |autor1=Holland, Matthew D. |autor2=Hastings, Alan |ano=2008 |título=Strong effect of dispersal network structure on ecological dynamics |xornal=Nature |volume=456 |páxinas=792–794 |doi=10.1038/nature07395}}</ref>
 
A perturbación dos hábitats poden chegar a ter efectos a longo prazo nos ecosistemas. A herba americana ''[[Bromus tectorum]]'' introduciuse en [[Europa]] e converteuse en [[Especie invasora|invasora]]. Produce unha alta cantidade de detritos inflamables e está adaptada aos [[lume]]s. Por iso, esta planta sobrepasa en taxas de supeviviencia a outras especies locais despois dos incendios, e convértese en dominantes sobre destas.<ref name="Brooks 2004 677–688">{{cita publicación periódica|apelidos1=Brooks |nome1=M.L. |apelidos2=D'Antonio |nome2=C.M. |apelidos3=Richardson |nome3=D.M. |apelidos4=Grace |nome4=J.B. |apelidos5=Keeley |nome5=J.E. |apelidos6=DiTomaso |nome6=J.M. |apelidos7=Hobbs |nome7=R.J. |apelidos8=Pellant |nome8=M. |apelidos9=Pyke |nome9=D. |ano=2004 |título=Effects of invasive alien plants on fire |xornal=BioScience |edición=7 |páxinas=677–688 |doi=10.1641/0006-3568(2004)054[0677:EOIAPO]2.0.CO;2 |volume=54}}</ref> Un exemplo mariño son as poboacións dos [[Ourizo de mar|ourizos de mar]]. Teñen taxas de crecemento elevadas en determinados momentos e son quen de desprazar as macroalgas dos fondos do litoral que ocupan. Cando dominan unha área do litoral son quen de permanecer ata anos dominando e iso ten un efecto na [[cadea trófica]] local. Incluso, cando as altas densidades do ourizo de mar fan que aparezan maiores taxas de mortaldade por enfermidades, as algas que os van a reemprazarsubstituír son aquelas con altas taxas de crecemento.<ref>{{cita libro|autor=Lawrence, John M. |título=Sea Urchins: Biology and Ecology|url=https://books.google.com/books?id=B322HrCUvNEC&pg=PA196 |ano=2013|editores=Academic Press |isbn=978-0-12-397213-2 |páxinas=196–202}}</ref>
 
==Hábitat monotípico==