Terapia xénica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 56:
* Trastornos multixénicos. Algúns trastornos comúns, como as doenzas cardíacas, [[hipertensión arterial]], [[enfermidade de Alzheimer]], [[artrite]], e [[diabete]], están afectados por variacións en moitos xenes, o cal complica a terapia xénica.
* Algunhas terapias poden romper a [[barreira de Weismann]] (entre a liña somática e a xerminal) que protexe os testículos, coa potencialidade de modificar a liña xerminal, o que entra en conflito coas regulacións dos países que prohiben esta última práctica.<ref>{{Cita web|url=http://wasdarwinwrong.com/kortho39a.htm |title=The implications of Steele's soma-to-germline feedback for human gene therapy |author=Korthof G}}</ref>
* [[Mutaxénese]] insercional. Se o ADN é integrado nun punto sensible do xenoma, por exemplo nun [[xene supresor de tumores]], a terapia podería inducir un [[tumor]]. Isto ocorreu en ensaios clínicos en pacientes con [[inmunodeficiencia combinada grave ligada ao X]] (X-SCID), na cal as células naisnai hematopoéticas foron transducidas cun transxene corrector usando un [[retrovirus]], e isto levou ao desenvolvemento dunha [[leucemia de células T]] en 3 pacientes dun grupo de 20.<ref>Woods, N. B.; Bottero, V.; Schmidt, M.; Von Kalle, C.; Verma, I. M. (2006). "Gene therapy: Therapeutic gene causing lymphoma". Nature 440 (7088): 1123. doi:10.1038/4401123a. PMID 16641981.</ref><ref>Thrasher, A. J.; Gaspar, H. B.; Baum, C.; Modlich, U.; Schambach, A.; Candotti, F.; Otsu, M.; Sorrentino, B.; Scobie, L.; Cameron, E.; Blyth, K.; Neil, J.; Abina, S. H. B.; Cavazzana-Calvo, M.; Fischer, A. (2006). "Gene therapy: X-SCID transgene leukaemogenicity". Nature 443 (7109): E5–E6; discussion E6–7. doi:10.1038/nature05219. PMID 16988659.</ref> Unha posible solución é engadir un xene supresor de tumores funcional ao ADN integrado. Isto pode ser problemático, xa que canto máis longo é o ADN, máis difícil é integralo no xenoma celular. A tecnoloxía [[CRISPR]] permite facer cambios moito máis precisos no xenoma en localizacións exactas.<ref name = MIT>Young, Susan (11 de febreiro de 2014) [http://www.technologyreview.com/review/524451/genome-surgery/ Genome Surgery] MIT Technology Review. Retrieved 17 February 2014</ref>
* Custo. Pode ser moi elevado. Por exemplo, o fármaco [[Alipogene tiparvovec]] ou Glybera ten un custo de 1,6 millóns de dólares por paciente, e en 2013 era considerado o o medicamento máis caro do mundo.<ref>(31 de outubro de 2013) [http://www.newscientist.com/article/mg22029412.100-gene-therapy-needs-a-hero-to-live-up-to-the-hype.html#.UnUbZXC-068 Gene therapy needs a hero to live up to the hype] The New Scientist. Retrieved 2 November 2012</ref><ref>Crasto, Anthony Melvin (2013) [http://www.allfordrugs.com/2013/07/16/glybera-the-most-expensive-drug-in-the-world-first-approved-gene-therapy-in-the-west/ Glybera – The Most Expensive Drug in the world & First Approved Gene Therapy in the West] All About Drug. Acceso 2 de novembro de 2013</ref>
 
Liña 75:
A terapia do cancro de [[glioblastoma multiforme]], o [[tumor cerebral]] humano máis común, cuxo resultado adoita ser fatal, empezou en 1992/93.<ref>{{Cita publicación periódica | author = Trojan J., Johnson T., Rudin S., Ilan Ju., Tykocinski M., Ilan J. | year = 1993 | title = Treatment and prevention of rat glioblastoma by immugenic C6 cells expressing antisense insulin-like growth factor I RNA | url = | journal = Science | volume = 259 | issue = | pages = 94–97 | doi=10.1126/science.8418502}}</ref> A estratexia utilizaba un vector que expresaba [[ARN]] de [[IGF-I]] [[antisentido]], e mostrou resultados prometedores en ensaios clínicos. Esta estratexia foi efectiva debido ao mecanismo antitumoral do IGF-I antisentido, que está relacionado con fortes fenómeros inmunes e [[apoptose|apoptóticos]]. A supervivencia media chegou a 21 meses, e nalgúns casos, tres ou catro anos.<ref>{{Cita publicación periódica | author = Trojan A, Jay LM, Kasprzak H, Anthony DD, Trojan J | year = 2014 | title = Immunotherapy of malignant tumors using antisense anti-IGF-I approach: case of glioblastoma | url = | journal = Journal of Cancer Therapy | volume = 5 | issue = | pages = 685–705 | doi=10.4236/jct.2014.57078}}</ref>
 
En 1992 [[Claudio Bordignon]] que traballaba na [[Vita-Salute San Raffaele University]], realizou o primeiro procedemento de terapia xénica usando [[célula nai hematopoética|células naisnai hematopoéticas]] como vectores para entregar os xenes cos que se pretendía corrixir doenzas hereditarias.<ref>{{Cita publicación periódica | author = Abbott A | title = Gene therapy. Italians first to use stem cells | journal = Nature | volume = 356 | issue = 6369 | pages = 465–199 | year = 1992 | pmid = 1560817 | doi = 10.1038/356465a0 | bibcode = 1992Natur.356..465A}}</ref> En 2002 este traballo serviu para publicar o primeiro tratamento de terapia xénica exitoso para o SCID. O éxito dun ensaio en moitos centros para tratar nenos con SCID (ou doenza dos "nenos burbulla") desde 2000 e 2002, foi cuestionado cando dous dos nenos tratados desenvolveron unha leucemia. Os ensaios clínicos paráronse temporalmente en 2002, pero reiniciáronse despois de que se revisase a regulación do protocolo en EUA, Reino Unido, Francia, Italia e Alemaña.<ref>Cavazzana-Calvo, M.; Thrasher, A.; Mavilio, F. (2004). "The future of gene therapy". Nature 427 (6977): 779. doi:10.1038/427779a. [http://www.nature.com/nature/journal/v427/n6977/full/427779a.html]</ref>
 
En 1993 extraeuse sangue do [[cordón umbilical]] e [[placenta]] da nai dun neno que nacera con SCID (cuxa condición xa fora detectada nun diagnóstico prenatal), para obter células naisnai. Obtivéronse os [[alelo]]s correctos que codifican a adenosina desaminase (ADA) e inseríronse nun [[retrovirus]]. Mesturáronse os retrovirus e as células naisnai, e os virus inseriron o xene nos comosomas das células naisnai. As células naisnai así transformadas foron inxectadas no [[sangue]] do neno (e tamén inxeccións semanais do [[encima]] ADA). Durante catro anos [[célula T|células T]] orixinadas a partir das células naisnai, fabricaron un encima ADA funcional utilizando o xene ADA. Posteriormente foi necesario máis tratamento.<ref>B Williams-Jones. Somatic Cell Therapy: A Genetic Rescue for a Tattered Immune System? Bioétique online [http://bioethiqueonline.ca/en/archives/2786] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140519050510/http://bioethiqueonline.ca/en/archives/2786 |date=19 de maio de 2014 }}</ref>
 
A morte dun paciente nos ensaios da terapia xénica en EUA en 1999 impediu continuar coa terapia xénica nese país durante un tempo.<ref>{{Cita web|url=http://www.washingtonpost.com/wp-dyn/content/article/2010/10/11/AR2010101102946.html |title=First patient treated in stem cell study |work=The Washington Post |date= 11 October 2010 |author=Stein, Rob|accessdate=10 November 2010}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.medpagetoday.com/Genetics/GeneralGenetics/6275 |title=Death Prompts FDA to Suspend Arthritis Gene Therapy Trial |publisher=Medpage Today |date= 27 July 2007 |accessdate=10 November 2010}}</ref> Como resultado a FDA suspendeu varios ensaios clínicos para reavaliar as prácticas procedimentais e éticas.<ref>{{Cita novas|url=http://www.nytimes.com/2000/01/22/us/gene-therapy-ordered-halted-at-university.html|author=Stolberg, Sheryl Gay|title=Gene Therapy Ordered Halted At University |work=The New York Times |date=22 January 2000 |accessdate=10 November 2010}}</ref>
Liña 124:
 
==== Ano 2011 ====
A comunidade médica aceptou en 2011 a curación dun paciente con infección polo VIH que fora tratado en 2007 e 2008 por medio de transplantes de células naisnai hematopoéticas con mutación dobre-delta-32 que inutiliza o receptor [[CCR5]].<ref>Rosenberg, Tina (29 May 2011) [http://nymag.com/health/features/aids-cure-2011-6/ The Man Who Had HIV and Now Does Not], ''[[New York (magazine)|New York]]''.</ref> Requiriu unha ablación completa da súa [[medula ósea]], o cal é moi debilitante.
 
Noutro estudo piloto confirmouse que dous de tres suxeitos foran curados de [[leuceia linfocítica crónica]]. A terapia usou [[célula T|células T]] xeneticamente modificadas para atacar células que expresaban a proteína [[CD19]] para loitar contra a doenza.<ref name = "Porter">{{Cita publicación periódica | last1 = Ledford | first1 = H. | title = Cell therapy fights leukaemia | journal = Nature | year = 2011 | doi = 10.1038/news.2011.472}}</ref> En 2013, os investigadores anunciaron que 26 dun total de 59 pacientes conseguiran unha completa remisión e o paciente orixinal permanecía libre de tumores.<ref>{{Cita web|url=http://singularityhub.com/2014/01/06/gene-therapy-delivers-dramatic-success-in-treating-leukemia-will-it-work-for-other-cancers-too/ |title=Gene Therapy Turns Several Leukemia Patients Cancer Free. Will It Work for Other Cancers, Too? |publisher=Singularity Hub |accessdate=7 de xaneiro de 2014}}</ref>
Liña 144:
Noutro estudo informouse dos resultados en seis nenos con dúas doenzas hereditarias graves que foron tratadas cun lentivirus desactivados parcialmente para substituír un xene defectuoso, que eran prometedores entre 7 e 32 meses despois do tratamento. Tres dos nenos tiñan [[leucodistrofia metacromática]], que causa unha perda cognitiva e de habilidades motoras.<ref name="MLD">Biffi, A.; Montini, E.; Lorioli, L.; Cesani, M.; Fumagalli, F.; Plati, T.; Baldoli, C.; Martino, S.; Calabria, A.; Canale, S.; Benedicenti, F.; Vallanti, G.; Biasco, L.; Leo, S.; Kabbara, N.; Zanetti, G.; Rizzo, W. B.; Mehta, N. A. L.; Cicalese, M. P.; Casiraghi, M.; Boelens, J. J.; Del Carro, U.; Dow, D. J.; Schmidt, M.; Assanelli, A.; Neduva, V.; Di Serio, C.; Stupka, E.; Gardner, J.; Von Kalle, C. (2013). "Lentiviral Hematopoietic Stem Cell Gene Therapy Benefits Metachromatic Leukodystrophy". Science 341 (6148): 1233158. doi:10.1126/science.1233158. PMID 23845948.</ref> Os outros nenos tiñan [[síndrome de Wiskott-Aldrich]], que facilita as infeccións, a [[autoinmunidade]] e o cancro.<ref name="pmid23845947">Aiuti, A.; Biasco, L.; Scaramuzza, S.; Ferrua, F.; Cicalese, M. P.; Baricordi, C.; Dionisio, F.; Calabria, A.; Giannelli, S.; Castiello, M. C.; Bosticardo, M.; Evangelio, C.; Assanelli, A.; Casiraghi, M.; Di Nunzio, S.; Callegaro, L.; Benati, C.; Rizzardi, P.; Pellin, D.; Di Serio, C.; Schmidt, M.; Von Kalle, C.; Gardner, J.; Mehta, N.; Neduva, V.; Dow, D. J.; Galy, A.; Miniero, R.; Finocchi, A.; Metin, A. (2013). "Lentiviral Hematopoietic Stem Cell Gene Therapy in Patients with Wiskott-Aldrich Syndrome". Science 341 (6148): 1233151. doi:10.1126/science.1233151. PMID 23845947.</ref> Ensaios posteriores de terapia xénica con outros seis nenos con síndrome de Wiskott-Aldrich tamén foron esperanzadores.<ref>Gallagher, James (21 April 2015) [http://www.bbc.co.uk/news/health-32333161 Gene therapy: 'Tame HIV' used to cure disease] BBC News, Health, Retrieved 21 April 2015</ref><ref>{{cita publicación periódica |autor=Malech, H. L.& Ochs, H. D.|ano=2015|título=An Emerging Era of Clinical Benefit from Gene Therapy|revista=JAMA (Journal of the American Medical Association)|volume= 313|número=15|páxinas= 1522-1523|doi=10.1001/jama.2015.2055|url=https://jamanetwork.com/journals/jama/article-abstract/2275425|lingua=en}}</ref>
 
Noutro ensaio dous nenos que naceran con [[ADA-SCID]] e foran tratados con células naisnai modificadas xeneticamente, 18 meses despois mostraron nos seus sistemas inmunitarios signos de total recuperación. Outros tres nenos estaban mellorando.<ref name =NewScientist1013/> En 2014 outros 18 nenos mais con ADA-SCID foron curados con terapia xénica.<ref>[http://www.sciencedaily.com/releases/2014/11/141118141600.htm Gene therapy cure for children with 'bubble baby' disease] Science Daily (18 November 2014)</ref> Os nenos con ADA-SCID teñen un sistema inmunitario non funcional e denomínanse ás veces "nenos burbulla".<ref name =NewScientist1013>Geddes, Linda (30 October 2013) [http://www.newscientist.com/article/mg22029413.200-bubble-kid-success-puts-gene-therapy-back-on-track.html#.UnUSrnC-068 'Bubble kid' success puts gene therapy back on track'] The New Scientist. Retrieved 2 November 2013</ref>
 
Nun ensaio con seis pacientes [[hemofilia|hemofílicos]] iniciado en 2011 usando un virus adeno-asociado, comprobouse que dous anos despois (2013) todos eles producían o [[factor de coagulación]] necesario.<ref name =NewScientist1013/><ref>[http://www.sciencedaily.com/releases/2014/11/141120113507.htm Gene therapy provides safe, long-term relief for patients with severe hemophilia B] Science Daily (20 November 2014)</ref>