Arte marcial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 34:
 
[[Ficheiro:Korean staff.jpg|miniatura|200px|dereita|Escena do libro [[Muye Dobo Tongji]].]]
Na península coreana a evidencia máis antiga de práctica marcial aparece en tumbas preto da fronteira norestenordeste de China baixo o reino de [[Koguryo]] ([[-27]] a [[668]]), a cal caeu baixo o control militar chinés entre o [[-108]] e o [[313]].
Nestes frescos vense escenas de loita (''jueli'' en chinés ou ''kajko'' en coreano). O rei Sunjo (1567 a 1608) ordena ós seus oficiais o estudo do libro escrito polo xeneral chinés [[Qi Jiguang]], e a preparación dun libro similar copiando os métodos dos soldados da dinastía Ming. O rei Jungjo (1776 a 1800) ordena expandir o manual usado polo exército, para incluír as técnicas de combate dos xaponeses. Este libro titúlase ''[[Muye Dobo Tongji]]'' (manual ilustrado de artes marciais). Na introdución deste libro o rei Jungjo escribe que o único sistema de combate oficial dende o reinado do rei Kwanhaekun (1608 a 1623) era a práctica do tiro con arco.<ref>Muye Dobo Tongji: ''The comprehensive illustrated manual of martial arts of ancient Korea''. S. H. Kim.</ref> Os sistemas de combate coreano como o ''[[tang soo do]]'' (man da dinastía Tang), ''[[hwa rang do]], [[taekkyon]], neikung, [[kumdo]], [[kuk sool won]]'' etc. afirman ser totalmente coreanos e con centos de anos de antigüidade.