A familia de Carlos IV: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 35:
Á esquerda, sitúanse o futuro [[Fernando VII]] suxeitado por detrás polo infante [[Carlos María Isidro de Borbón|Carlos María Isidro]] e unha moza elegantemente vestida pero sen rostro, recurso empregado por Goya para representar á futura esposa do [[príncipe de Asturias]] (ao descoñecerse a súa identidade na data de realización da pintura aparece coa cabeza xirada). Á dereita, a infanta [[María Luísa de Borbón (raíña de Etruria)|María Luisa]], co seu marido o [[Luís de Etruria|duque de Parma]], leva en brazos ao pequeno infante Carlos Luís. Ocupando o fondo están os irmáns do rei, á esquerda [[María Xosefa de Borbón]] e á dereita [[Antonio Pascual de Borbón]], este último xunto a outra figura feminina da que só se ve a cabeza de perfil, que se identificou diversamente como a súa esposa, a infanta [[María Amalia de Saxonia|María Amalia]], falecida dous anos atrás, ou como a filla maior dos reis, a infanta [[Carlota Xoaquina de Borbón|Carlota Xoaquina]], raíña de Portugal, filla maior dos reis, á que Goya non tivo ocasión de retratar por acharse ausente de España desde había algúns anos.<ref name=":0" /><ref>Rapelli (1997), p. 58</ref><ref name=":1" /> O modo como se dispoñen os seus protagonistas, concibiuse cunha intención claramente dinástica. Cunha mensaxe tranquilizadora, a raíña preséntase como nai prolífica á vez que, mediante a inclusión prematura da futura princesa de Asturias, cobraba maior forza a seguridade na descendencia, garantida en calquera caso pola presenza do pequeno en brazos da infanta María Luisa.<ref name=":0" />
 
Goya mostra aos membros da familia real de pé, dispostos en forma de [[friso]] como aparecen tamén os personaxes das Meninas, vestidos con luxosas roupaxes de [[seda]] e con abundantes xoias e condecoracións, os varóns coa [[Orde de Carlos III]], o [[ToisónVélaro de Ouro]] e a [[Orde de San Xenaro]] e as mulleres coa banda da [[Orde das Damas Nobres da Raíña María Luísa]]. O monarca Carlos IV loce, así mesmo, a insignia das ''Ordes Militares'' e a da ''Orde de Cristo de Portugal'' <ref name="Artigoobra">{{Cita web|url=http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/cuadros/119.htm|título=Artigo sobre a obra|data-acceso=29 de xullo de 2009|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090430213254/http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/cuadros/119.htm|dataarquivo=30 de abril de 2009|urlmorta=si}}</ref>. O pintor pon nestes detalles tódolos os recursos da súa mestría a fin de representar á familia real en toda a súa dignidade, destacando á vez o carácter bondadoso e sereno do monarca reinante. O que podía ser unha homenaxe a Velázquez servía ao mesmo tempo para enlazar as [[Habsburgo|dinastías austriaca]] e [[Casa de Borbón|borbónica]], abundando naquela concepción dinástica.<ref name=":0" />
 
=== Análise estilística ===