William Webb Ellis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 5:
Webb Ellis naceu en [[Salford]], [[Lancashire]] (algunhas fontes din que naceu en [[Manchester]], como o mesmo Webb Ellis dixo no censo de 1851). Williams foi o máis novo dos dous fillos de James Ellis, un oficial de [[cabalaría]], e Webb Ann, con quen se casou en [[1804]]. Despois de que o seu pai morrera na Batalla de Albuera en [[1811]], a [[viuvez|viúva]] Webb Ann Ellis decidiu cambiala súa residencia á localidade de [[Rugby, Warwickshire]], para que Thomas, o irmán mais vello de Williams, puidese recibir educación de balde na [[Rugby School]], á que tiñan dereito aqueles rapaces que vivisen nun radio de 10 [[milla]]s ó redor da Torre do Reloxo de Rugby. Williams frecuentou a escola entre [[1816]] e [[1825]], e quedou rexistrado como un bo alumno e xogador de [[cricket]]. O incidente no que supostamente Webb Ellis colleu a pelota nos seus brazos durante un encontro de [[fútbol]] e correu con ela nas mans para marcar un tanto, aconteceu na segunda metade de [[1823]].
 
Despois de deixar a localidade de Rugby en [[1826]], foi ó [[Brasenose College]] de [[Oxford]] con 18 anos de idade. Alí xogou a cricket para a súa facultade, defendendo as cores da [[Universidade de Oxford]] fronte á [[Universidade de Cambridge]] en [[1827]]. Despois de graduarse en [[1829]], entrou na igrexa anglicana, sendo capelán en [[Londres]] e mais adiante rectorreitor en Magdalen Laver, [[Essex]]. O único retrato coñecido del apareceu no Illustrated London News, en [[1854]], despois de dar un sermón sobre o tema da [[Guerra da Crimea]].
 
== Orixe do mito ==