Carlos Casares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 9 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 36:
A pesar do seu traballo como [[Ensaio (literatura)|ensaísta]], non esqueceu a narrativa, e seguiu publicando obras con boa acollida polo [[espectador|público]], como ''Os escuros soños de Clío'' (1979); ''Ilustrísima'' (1980) e tras deixar a súa carreira [[parlamentarismo|parlamentar]] ''Os mortos daquel verán'' (1987), ''Deus sentado nun sillón azul'' (1996) e ''O sol do verán'' (2002).
 
Casares participou da política galega nos anos de [[Transición española|transición]] e comezos da [[democracia]]. Foi un dos 21 asinantes do manifesto [[Realidade Galega]], nado co obxectivo de conseguir un [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981|estatuto galego]] á par do de [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979|Cataluña]] e o do [[Estatuto de Autonomía do País Vasco de 1979|País Vasco]] de [[1979]]. Este feito púxoo, canda o seu compañeiro e amigo Ramón Piñeiro, en primeira liña da [[política de Galicia|política galega]] de aqueldaquel entón, o que levou a ambos os dous á súa participación nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981|eleccións do 20 de outubro]] como independentes nas listas do [[Partido Socialista Obrero Español|PSOE]] e a seren membros do primeiro [[Parlamento de Galicia|parlamento de Galiza]] no ano [[1981]]. Nel, cómpre salientar o esforzo que ambos os dous intelectuais farían para a redacción e aprobación da [[Lei de normalización lingüística]] no [[1983]] e a creación do [[Consello da Cultura Galega]], no mesmo ano. Mentres, a actividade política non remataba de convencer a Casares que, catro anos máis tarde, non se volvería presentar ás [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985|eleccións]] e pasaría a centrarse de novo no traballo [[cultura]]l, chegando a presidir o Consello da Cultura Galega (1996-2002), e a dirixir a [[Editorial Galaxia]] (1986-2002) e a revista ''Grial''.
[[Ficheiro:Lugar onde repousan os restos de Casares, en Nigrán, CC BY-SA Praza Pública.jpg|miniatura|esquerda|''Carlos Casares &nbsp; 1941 - 2002''.<ref>Redacción: [http://praza.gal/cultura/12215/as-letras-2017-para-carlos-casares/ "As Letras 2017, para Carlos Casares"] ''[[Praza Pública]]'', 9/7/2016.</ref>]]
Xa na década de 1990 dedicouse a viaxar por medio [[mundo]] participando en múltiples congresos e encontros, como os Congresos mundiais do [[PEN Internacional]] en [[Maastricht]], [[Toronto]] e Compostela (xa que foi o presidente do [[PEN Clube de Galicia]] de 1996 a 1999) ou o Literarisches Kolloquium en [[Berlín]]. Deu tamén cursos de galego en cidades como [[Nova York]].