Nomenclatura binominal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: arranxiños
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 44:
Existen algúns aspectos universalmente adoptados para a formulación da nomenclatura binaria.
 
A persoa que describe por primeira vez unha especie (o seu "autor") é a que ten o privilexio de darlle nome. Cando o autor elixe asignar un nome ou epíteto específico derivado dun nome propio, é a título de homenaxe ou recoñecemento, dedicándolla a un colega, amigo ou familiar, en forma latinizada (como por exemplo a [[Lebre de piornal]], chamada ''Lepus castroviejoi'' en honor do escritor [[Xosé María Castroviejo]]); considérase de mal gusto e signo de egocentrismo que o autor se dedique a especie a si mesmo (por exemplo, ''Escherichia coli'' é por [[Theodor Escherich]], e ''coli'' significa "intestinal", "do colon"; tamén ''Rhea darwinii'' por [[Charles Darwin]]). Noutros casos, os nomes elíxense en referencia a caracteres ou propiedades do ser vivo que se nomea, p. ex. en ''[[Cistus albidus]]'', o términotermo ''albidus'' (en latín, branco), fai referencia á cor esbrancuxada das follas desa planta; en ''[[Lavandula officinalis]]'', o termo ''officinalis'' (en latín, usado na ''officina'' ou botica) lembra que a planta ten propiedades medicinais.
 
Xeralmente, á beira do nome binominal consta o apelido do autor (abreviado en botánica) que primeiro publicou oficialmente ese nome. Se a especie en cuestión actualmente pertence a un xénero diferente do orixinal descrito, faise constar o nome do autor orixinal entre parénteses anexado ao nome actual da especie. Ás veces tamén se xunta a data na que se realizou a descrición da especie. Por exemplo o pardal, ''[[Passer domesticus]]'' ([[Carl von Linné|Linnaeus]], 1758) orixinalmente descrito como membro do xénero ''Fringilla''.