Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 279:
Olivares era un home avanzado para o seu tempo e deuse conta de que España necesitaba unha reforma que á súa vez necesitaba da paz. A destrución das Provincias Unidas engadiuse ás súas necesidades, xa que detrás de calquera ataque aos Habsburgo había diñeiro holandés. Spinola e o exército español concentráronse nos Países Baixos e a guerra pareceu marchar a favor de España, retomándose [[Breda]]. En ultramar combateuse tamén á frota holandesa, que ameazaba as posesións españolas. Así, a presenza holandesa en [[Taiwan]] e a súa ameaza sobre as [[Filipinas]] levou á ocupación do norte da illa, fundándose a cidade de Santísima Trindade (actual [[Keelung]]) no ano 1626 e Castelo (actual [[Tamsui]]) en 1629.
 
[[1627]] trouxo o derrubamento da economía castelá. Os españois depreciaran a súa moeda para pagar a guerra e a inflación explotou en España como antes o fixo en Austria. Ata [[1631]], nalgunhas partes de Castela comerciábase co ''troco'', debido á crise monetaria, e o goberno foi incapaz de recadar impostos do campesiñado das colonias. Os exércitos españois en Alemaña optaron por ''pagarse a si mesmos''. Olivares foi culpado por unha vergoñosa e infrutuosa guerra en [[Guerra de Sucesión de Mantua|Italia]]. Os holandeses converteran a súa frota nunha prioridade durante a Tregua dos Doce Anos e ameazaron o comercio marítimo español, do cal España era totalmente dependente tras a crise económica; en 1628 os holandeses acurralaron á Frota de Indias provocando o [[desastre de Matanzas]], o cargamento de metais preciosos que era fundamental para o sostemento do esforzo bélico do Imperio foi capturado e a frota que o transportaba totalmente destruída. Con parte das riquezas obtidas os holandeses iniciaron unha exitosa [[Invasións holandesas no Brasil|invasión dedo Brasil]].
 
A [[guerra dos Trinta Anos]] tamén se agravou cando, en [[1630]], [[Gustavo II Adolfo|Gustavo II Adolfo de Suecia]] desembarcou en Alemaña para socorrer o porto de [[Stralsund]], último baluarte continental dos alemáns belixerantes contra o emperador. Gustavo II Adolfo marchou cara ao sur e obtivo notables vitorias en [[Batalla de Breitenfeld|Breitenfeld]] e [[Batalla de Lützen (1632)|Lützen]], atraendo numerosos apoios para os protestantes alá onde ía.