Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m barco a vela → barco de vela https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-12/ANL_Na_Universidade_onde_queiras_pero_coa_lingua_0.pdf
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 119:
 
[[Ficheiro:Blackbeard the Pirate (1952) 1.jpg|miniatura|esquerda|[[Robert Newton]] e [[Linda Darnell]] en ''[[O pirata Barbanegra]]'' (1952)]]
Malia súa infamia, Teach non foi o pirata con máis éxito. [[Henry Every]] retirouse sendo un home rico, e [[Bartholomew Roberts]] conseguiu un botín estimado en cinco veces maior ao de Teach.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=viii}}</ref> Varios cazadores de tesouros tentaron durante moito tempo procurar calquera traza do suposto botín de ouro e prata de Barbanegra, pero nada do atopado nos diversos lugares explorados ao longo da costa esteleste dos [[Estados Unidos]] puido relacionarse nunca con el. Algúns contos populares suxiren que os piratas adoitaban matar a un prisioneiro no lugar onde soterraban o seu botín,<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos= Ross | nome = I. | título= Blackbeard | revista= United States Naval Institute Proceedings | data= 1974 | páxinas=72–74}}</ref> pero os tesouros piratas soterrados adoitan considerarse un mito moderno para o que non existe practicamente ningunha evidencia. Os rexistros dispoñibles non inclúen nada que suxira que esta práctica fose habitual, agás na imaxinación de escritores de ficción como no caso da ''[[A illa do tesouro|Illa do tesouro]]''. Ese tipo de botíns precisarían dun dono con moitos recursos, e a súa suposta existencia ignora a estrutura de mando dos navíos piratas, nos que a tripulación adoitaba servir baixo un sistema de sufraxio libre.<ref>{{Harvnb|Woodbury|1951|pp=131–133}}</ref> O único pirata do que se coñece que soterrase tesouro foi [[William Kidd]].<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=285}}</ref> O único tesouro recuperado do botín de Teach conseguiuse nos restos do que se cree era o ''Queen Anne's Revenge'', atopados no 1996.<ref>{{Cita novas| título = In Shipwreck Linked to Pirate, State Sees a Tourism Treasure | xornal= [[The New York Times]]| url = http://www.nytimes.com/1997/11/09/us/in-shipwreck-linked-to-pirate-state-sees-a-tourism-treasure.html | data= 9 de novembro de 1997 | data-acceso= 21 de abril de 2010 | páxina= 134}}</ref> A data de 2009 tíñanse recuperado máis de 250&nbsp;000 artefactos procedentes destes restos,<ref>{{Cita web|título=250,000 Pieces of Blackbeard from Shipwreck|url=http://www.islandgazette.net/news-server1/index.php?option=com_content&view=article&id=9534:250000-pieces-|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20150709054722/http://www.islandgazette.net/news-server1/index.php?option=com_content&view=article&id=9534:250000-pieces-|data-arquivo=09 de xullo de 2015|urlmorta=si|páxina-web=Island Gazette|data=20 de novembro de 2009|data-acceso=27 de marzo de 2015}}</ref> e unha selección deles está exposta ao público no [[North Carolina Maritime Museum]].<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=288}}</ref>
 
Existen varias [[superstición]]s sobre a [[pantasma]] de Barbanegra. As luces inexplicables no mar chámanse en ocasións "Luz de Teach" ({{lang-en|Teach's Light}}), e algúns contos afirman que o pirata vaga pola outra vida na procura da súa cabeza, temendo que os seus amigos e o Demo non o recoñezan.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=174}}</ref> Un conto propio de [[Carolina do Norte]] conta que a [[caveira]] de Teach usouse para a base dun [[Cáliz (liturxia)|cáliz]] de prata, e un xuíz local chegou a afirmar que bebera del unha noite nos anos 1930.<ref>{{Harvnb|Whedbee|1989|pp=32–33}}</ref> O nome de Barbanegra relaciónase con moitas atraccións locais, como por exemplo a ''Charleston's Blackbeard's Cove''.<ref>{{Cita web | título= Blackbeard's Cove | url= http://www.blackbeardscove.net/ | páxina-web= blackbeardscove.net | ano= 2007 | data-acceso= 21 de abril de 2010 | urlarquivo= https://web.archive.org/web/20010420183104/http://www.blackbeardscove.net/ | dataarquivo= 20 de abril de 2001 | urlmorta= si }}</ref> O seu nome e personaxe tamén se incluíu en diversas obras literarias. É o suxeito principal da obra de ficción de [[Matilda Douglas]] de 1835 titulada ''Blackbeard: A page from the colonial history of Philadelphia'',<ref>{{Harvnb|Douglas|1835|p=34}}</ref> ''[[The Age of Unreason]]'' de [[Gregory Keyes]] represéntao como gobernador dunha colonia, e a novela de 1988 de [[Tim Powers]] ''[[On Stranger Tides]]'' conta como forma unha alianza de piratas. As representacións da súa vida en diversos filmes inclúen ''[[O pirata Barbanegra]]'' (1952), ''[[Blackbeard's Ghost]]'' (1968), ''[[Blackbeard (filme de 2005)|Blackbeard: Terror at Sea]]'' (2005) e a miniserie de 2006 ''[[Blackbeard (filme de 2006)|Blackbeard]]''. Existen tamén algúns paralelismos posibles entre a descrición de Barbanegra de Johnson e a personaxe do Capitán [[Jack Sparrow]] do filme de 2003 ''[[Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl]]''.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=284–285}}</ref>