Neoxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 22:
A elevación das grandes cordilleiras montañosas que comezara durante o [[Oligoceno]] seguiu adiante acabando de formar os [[Alpes]] en Europa, o [[Himalaia]] en Asia e as cadeas montañosas no continente americano. Estes sucesos correspóndense coa última fase da [[oroxenia alpina]], fase Rodánica.
 
Os [[sedimento]]s producidos pola [[erosión]] destes sistemas depositáronse en cuncas mariñas pouco profundas, para terminar converténdose na localización de ricos depósitos petrolíferos en [[California]], [[Romanía]] e a costa esteleste do [[mar Caspio]].
 
Norteamérica e Suramérica uníronse formando o Istmo de [[Panamá]]. A placa africana colisionou con Asia e unha incipiente dorsal abriu o [[mar Vermello]] e o [[golfo de Adén]] a vez que se produciu o conato de apertura de África oriental na dorsal dos [[Grandes Lagos Africanos|Grandes Lagos]]. Non existía o [[estreito de Xibraltar]] como tal, un conxunto de arco illas bordeadas por arrecifes de coral estendíanse entre o norte de África e a [[Península Ibérica]]. No oeste de Norteamérica, a subdución da [[tectónica de placas|placa tectónica]] do [[Pacífico]] contribuíu á elevación de Serra Nevada e da cordilleira volcánica das Cascadas. Nesta época configurouse o istmo de [[Panamá]]. En Europa, os Alpes continuaron a súa ascensión polo movemento da tectónica de placas. Ó final do Mioceno, a colisión das placas africana e ibérica formara o sistema bético-rifeño e cortara a comunicación entre o Mediterráneo e no Atlántico. Ó iniciarse o Plioceno tivo lugar o afundimento do eixe da cadea montañosa Atlas-Bética, formándose a fosa que actualmente separa a Península Ibérica de [[Marrocos]].