Walt Disney: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 73:
A primeira aparición de Mickey tivo lugar o [[15 de maio]] de [[1928]] en ''[[Plane Crazy]]'', unha curtametraxe muda, como tódolos filmes de Disney até esa data. Ó non conseguir interesar ós distribuidores por ''Plane Crazy'' nin pola súa continuación, ''[[The Gallopin' Gaucho]]'', Disney creou un filme sonoro, ''[[Steamboat Willie]]''. O empresario [[Pat Powers]] proporcionou a Disney tanto a distribución do filme como [[Cinephone]], un sistema de sincronización do son. ''Steamboat Willie'' converteuse nun grande éxito e grazas a isto, engadiuse o son ás curtas anteriores. Dende entón, tódolos filmes de Disney fixéronse con son. O propio Disney era o encargado de facer os efectos vocais das súas primeiras curtas e foi a voz de Mickey Mouse até [[1947]].
 
Mickey Mouse coñeceu un éxito extraordinario, até o punto de que, en 1935, a [[Sociedade de Nacións]] premiou a Disney cunha medalla de ouro, declarando a Mickey como "símbolo internacional de boa vontade". En xaneiro de [[1930]] foi adaptado á [[banda deseñada]] nun xornal con guión de Disney e debuxos de Iwerks. Durante a década de [[1930]], o mercado inundouse de produtos relacionados co personaxe, dende xoguetes infantís e reloxos de pulso até un brazalete de diamantes deseñado por [[Pierre Cartier|Cartier]]. Numerosas personalidades públicas declararon a súa admiración por Mickey Mouse, incluíndo á actriz [[Mary Pickford]], ó presidente dedos Estados Unidos [[Franklin Delano Roosevelt]], a [[Benito Mussolini]] e mesmo o [[rei de Inglaterra]], [[Xurxo V do Reino Unido|Xurxo V]].<ref>[http://disney.go.com/disneyatoz/familymuseum/exhibits/articles/mickeymousegoldenage/index.html ''The Golden Age of Mickey Mouse'', por Charles Solomon]</ref>
 
=== Silly Symphonies ===