Primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Consecuencias demográficas: Ligazóns e lingua
Liña 204:
 
=== Consecuencias demográficas ===
En 1919 as estatísticas amosaron aproximadamente o número de falecidos e feridos pola ''gran guerra'', contándose máis de 14 millóns de mortos entre civís e militares. As xeracións máis novas foron as máis afectadas debido ao recrutamento obrigatorio en case todos os países que interviñeron. Ata ese momento, a gran guerra fora a contenda que máis vidas arrebatara. O modelo de batallas, a nova artillería precisa, os aramados, as metralladoras, as minas, o gas e os disparos incrementaron enormemente a mortalidade dos militares. Ata entón, a artillería non fora usada de forma masificada, nin as minas nin se empregara o gas. Os francotiradores tampouco foran tan usados e as metralladoras inda non foran estandarizadas. A trincheira converteuse no fogar de millóns de soldados. O déficit hixiénico que nelas reinaba provocou o espallamento de diversas enfermidades. A escaseza de auga e alimentos, sobre todo nas trincheiras das potencias centrais, incrementaba o número de mortes pouco a pouco. En 1915 a guerra converteuse nunha batalla de demografías. Nas grandes ofensivas coma a da [[ofensiva do Somme|Somme]] ou na [[batalla de Verdún]], cada metro conquistado custou milleiros de vidas. Cara 1919 unha [[pandemia]], a mal chamada [[Gripe de 1918|gripe española]] produciría unha elevada mortalidade que acabaría con varios millóns de persoas. Parte dos falecidos eran soldados que volvían da fronte á casa e serviron de vectores para transmisión do virus responsable. Suxírese que a agresividade do patóxeno se debía en parte á [[sistema inmune|inmunodepresión]] que afectaba aos militares en combate. A denominación de ''gripe española'' débese a que foi en [[España]] onde máis publicacións falaron da enfermidade. Nos países que participaran na contenda, a [[censura]] impediu a impresión de numerosa información sobre a pandemia.
 
=== Consecuencias económicas ===
Catro anos de guerra necesitaron unha inxente cantidade de fondos. O Imperio Alemán, Austria-Hungría, o Imperio Otomán, Francia e o Imperio Británico acabaron con case todas as reservas económicas, mercando equipamento, municións, aviación, alimentos e investigación de novas armas. Francia e o Imperio Británico recorreron a préstamos estadounidenses, o que supuxo un grande estímulo económico. Ademais, a produción norteamericana incrementouse para satisfacer a demanda europea de material de diversa clase. Outros países coma Arxentina ou España tamén subministraron alimentos, armas e uniformes. Tras a guerra, as potencias europeas quedaron severamente endebedadas. A produción industrial quebrou, xa que de 1914 ao 1918 adicárase tan só a fabricar armamento e outro material bélico. Todas estas circunstancias produciron a perda da hexemonía económica de Europa, en favor dos Estados Unidos e do Xapón. A partir de 1919, os créditos estadounidenses axudarían á recuperación dos contendentes, restablecendo pouco a pouco a normalidade económica ata a [[crise de 1929]]. No caso de España, produciuse un aumento das exportacións de 1914 ata 1917. Non obstante, conforme se incrementaban as vendas, aumentaba espectacularmente a [[inflación]], o que propiciou unha grave crise.
 
=== Consecuencias territoriais ===
Liña 217:
As consecuencias máis graves sufríronas os perdedores da contenda, o Imperio Austro-Húngaro, o Imperio Alemán e o Imperio Otomán. Os tres imperios desapareceron dando lugar a cadansúa república: Alemaña, Austria, Hungría e Turquía. Tamén desapareceu o Imperio Ruso e xurdiu a Rusia revolucionaria. A diferenza reside en que a desaparición dos tres primeiros imperios foi parte dos acordos de paz asinados coas potencias aliadas. En cambio, o Imperio Ruso desapareceu por mor dunha revolución interna iniciada durante a guerra, en 1917.
 
O Imperio Alemán deu lugar á república de Weimar, perdendo [[Alsacia]] e [[Lorena (rexión)|Lorena]] en favor de Francia. Ambas as rexións xa sufriran cambios de nacionalidade. O último ocorrera tras a vitoria prusiana na [[guerra franco-prusiana]]. Tamén perdeu territorios en favor de Polonia (Polonia desaparecera coma estado no ano 1795, repartíndose o seu territorio entre Prusia e o Imperio Ruso) e en favor do novo estado de Checoslovaquia. A perda do acceso á cidade de [[Gdańsk|Danzig]] para os alemáns sería un dos eixes da política expansionista de [[Adolf Hitler]]. A [[segunda guerra mundial]] iniciouse nesta rexión, cando as tropas [[nazi]]s invadiron Polonia. Outros territorios menores foron perdidos en favor de Lituania, Bélxica e [[Dinamarca]].
 
O Imperio Austro-Húngaro tamén desapareceu, formándose os estados independentes de Austria, Hungría, Iugoslavia, Checoslovaquia, Eslovenia, Ucraína e Croacia. Tamén se redistribuíron rexións en favor de Italia e Polonia.
Liña 230:
 
=== Consecuencias sociais ===
A '''primeira guerra mundial''' supuxo un cambio fundamental na sociedade do inicio do século XX. A gran guerra foi a primeira contenda que requiriu a mobilización masiva social. Todos os homes entre 18 e 50 anos foron recrutados nun momento ou outro, sempre que non desenvolvesen un traballo esencial. A contribución de homes de xeito continuado provocou a necesidade de buscar outra man de obra para a industria bélica. Recorreuse ás mulleres, que se incorporaron rapidamente ao mercado laboral. Tradicionalmente, as mulleres estaban ocupadas das tarefas domésticas e carecían de [[dereito ao voto]]. A partir de 1914, moitas delas comezaron a traballar e polo tanto agora posuían un salario e independencia. Isto ía ser un grande estímulo ao movemento feminista, que despois da guerra conseguiría o voto feminino en Gran Bretaña, Alemaña, Estados Unidos, Turquía e Rusia. En Francia inda terían que pasar varios anos para o seu establecemento. Outra das consecuencias foi o aumento das diferenzas sociais e un incremento da inflación. As persoas ligadas á industria do armamento elevaron os seus ingresos de xeito exponencial, mentres que a elevada inflación prexudicaba ásas clases asalariadas. Ademais, milleiros de soldados quedaron irremediablemente mutilados pola guerra, sendo incapacitados para calquera actividade laboral.
 
=== Consecuencias políticas ===