Porta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Tipos de portas: porta e postigo
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 17:
A porta satisfai a necesidade de interromper o libre avance do lume en caso de incendio nun edificio. Convértese nun elemento protector para as vidas e os bens. Actualmente empréganse portas fabricadas especialmente para este propósito, cunha resistencia ao lume calculada e capacidade para actuar como devasa interior no edificio. As portas dos locais sensibles, como as dos arquivos ou as dos quirófanos, refórzanse para que poidan resistir máis tempo ao lume e impedir o paso de fumes e gases.
 
A porta satisfai a necesidade de separación e de reunión simbólicas, dende un punto de vista relixioso, filosófico ou político<ref>Umberto Eco. ''La estructura ausente''. Lumen, Barcelona, 1999. ISBN 84-264-1272-6</ref>. A porta é o limitelímite entre o mundo natural e o sobrenatural no panteón do cemiterio, o límite entre o sacro e o profano na igrexa, o límite entre o civilizado e o rústico na cidade<ref>Deuteronomio 6:6-9: 6 ''Grábate en el corazón estas palabras que hoy te mando''.7 ''Incúlcaselas continuamente a tus hijos. Háblales de ellas cuando estés en tu casa y cuando vayas por el camino, cuando te acuestes y cuando te levantes''.8 ''Átalas a tus manos como un signo; llévalas en tu frente como una marca'';9 ''escríbelas en los postes de tu casa y en los portones de tus ciudades''.</ref>. Historicamente a porta non pode ser franqueada polos que perseguen a alguén que busca asilo en sagrado ou nun edificio diplomático.
 
A porta satisfai a necesidade estética e de representación social alén da súa función como elemento regulador do acceso. Edificios correspondentes a diversas tipoloxías os principios de composición da porta permanecen inalterables e obedecen a unha simboloxía idéntica. Esta fórmula ten dado o arco de triunfo, o arco conmemorativo, en ocasións como elemento efémero. A porta anuncia o rango dos habitantes dunha vivenda, a dignidade da función dun edificio público, o talle moral dunha función relixiosa.<ref>"Arbeit macht frei" líase sobre as portas dos campos de concentración.</ref>. Nun edificio común, ademais, as placas profesionais, as caixas postais, as aldrabas e os timbres forman parte da linguaxe pública da porta. Nas casas de veciñanza a porta principal ten indicado o número de policía, mentres que as portas de servizo carecen del.
 
ANo portacaso satisfaidas amurallas necesidadedunha cidade, as portas servían para de exercer un control sobre o tráfico de persoas e mercadorías que entran e saen da cidade. A porta convértese así nun elemento de control sanitario e de recadación fiscal a través dos portazgos e das alcabalas. Esta barreira atópase máis tarde na peaxe das estradas, no torno do metro e nas entradas do cinema, do museo, do circo, e mesmo no reloxo de fichar no traballo.
 
== Configuración ==