Prendemento de Xesús: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*"crave" -> clave
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna
Liña 5:
 
== Relato bíblico ==
[[Ficheiro:Guercino Catura di Cristo.jpg|miniatura|300px|''Prendemento de Cristo'' 1621. Por [[Guercino]], actualmente no [[Museo Fitzwilliam|Fitzwilliam Museum]], en [[Cambridge]], [[Reino Unido]].]]
De acordo cos [[evanxeos canónicos]], tras [[A Última Cea]], Xesús e seus [[apóstolos]] foron ata o Xetsemaní, un xardín localizado ás marxes do [[Val do Cédron]], que os académicos cren un monte de [[oliveira]]s. Unha vez alí, os evanxelistas descríbeno deixando o grupo para rezar só.<ref name="Maj169 ">''The Synoptics: Matthew, Mark, Luke'' by Ján Majerník, Joseph Ponessa, Laurie Watson Manhardt 2005 ISBN 1-931018-31-6 page 169</ref><ref name="Zuck83 ">''The Bible Knowledge Commentary: New Testament'' edited by John F. Walvoord, Roy B. Zuck 1983 ISBN 978-0-88207-812-0 pages 83-85</ref>.
 
Os [[evanxeos sinópticos]] afirman que Xesús pediu a Deus que afastase del o sufrimento que estaba por vir, pedindo para non ter que pasar polos eventos vindeiros, deixando así a escolla final para Deus. [[Evanxeo de Lucas|Lucas]] afirma que un [[anxo (cristianismo)|anxo]] apareceu e deu forzas a Xesús, que entón retornou aos seus discípulos. Os sinópticos afirman aínda que tres dos discípulos que alí estaban durmiron e que Xesús os criticou por non conseguiren permanecer acordados por unha hora, suxerindo que eles rezasen para evitar a tentación.<ref name=Zuck83 />
 
Neste punto, [[Xudas Iscariote|Xudas]] aparece acompañado por unha multitude que inclúe sacerdotes e anciáns xudeus e xente armada. Segundo [[Evanxeo de Xoán|Xoán]], cando o bando entra no xardín á procura de Xesús, el avanza e di ''"A quen buscades?"''. O bando responde ''"A Xesús o Nazareno"'' e Xesús finalmente responde ''"Son eu."'' neste punto todos os membros do grupo que viña a arrestalo caeron ao chan.<ref name=Zuck83 /><ref name="CEvans487 ">''The Bible Knowledge Background Commentary: Matthew-Luke, Volume 1'' by Craig A. Evans 2003 ISBN 0-7814-3868-3 page 487-500</ref>
 
En seguida, [[Bico de Xudas|Xudas da un bico a Xesús]], un sinal pre-acordado cos que o acompañaban para mostrar quen era Xesús. Sendo identificado, o bando prende Xesús, mesmo tras un dos discípulos tratou de impedirllo cortando a orella dun dos homes coa súa espada, que [[Xesús curando a orella do servo|Xesús inmediatamente curou]] segundo Lucas. Xoán di claramente que foi [[Simón Pedro]] quen cortou a orella de [[Malco]], un servo de [[Caifás]], o sumo-sacerdote. Xoán, [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] e Lucas afirman que Xesús criticou a violencia e insistiu que non houbese máis resistencia. En Mateo, Xesús entón profire unha das súas máis famosas frases: [[Viva pola espada, morra pola espada|Garda a túa espada; pois todos os que toman a espada, morrerán á espada]].<ref>[http://www.abibliagalega.com/contactanos/evanxeos/mateo/capitulos-26-28/ Mateo 26 52]</ref>