Carles Puigdemont: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
engadido pola wikipedia catalá
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 81:
=== Primeiros anos ===
[[Ficheiro:Carles Puigdemont, de petit amb el seu germà gran.jpg|esquerda|miniatura|Carles Puigdemont, de pequeno (á dereita), á beira do seu irmán maior]]
Fillo de Xavier Puigdemont e de Núria Casamajó, foi o segundo de oito irmáns dunha familia dedicada tradicionalmente á repostería <ref name=":4">{{cita novas|autor = González, Sara|título = Puigdemont: un fill de pastissers al Palau de la Generalitat?|xornal = Ara|url = http://www.ara.cat/politica/Carles_Puigdemont-fill_pastissers-Palau_de_la_Generalitat -president-alcalde-Girona_0_1501050073.html|data = 9 de xaneiro de 2016}}</ref>. Recibiu o seu nome polo seu avó, Carles Casamajó, que no inverno de 1939, ao remate da [[Guerra Civil española|Guerra Civil]], marchou ao exilio en Francia desde onde enviaba cartas á familia, antes de desaparecer en 1943 sen deixar rastro<ref name="Font2016">{{cita libro|autor=Josep Riera i Font|título=Em dic Carles|ano=2016| editorial=Ara Llibres|isbn=978-84-16154-53-1}}</ref>. Pola súa banda, seu avó paterno, Francesc Puigdemont, fuxiu do bando republicano logo do seu chamamento a filas e refuxiouse na serra de Cádiz e en Burgos<ref>{{cita novas|url=http://www.elmundo.es/cronica/2017/10/18/59e10f4aca4741151d8b45da.html|data=18 de outubro de 2017|título=Habla Benaocaz, el pueblo que acogió al refugiado Puigdemont|xornal=El Mundo}}</ref>.
 
Cursou os estudos básicos e o bacharalato na súa vila natal [[Amer]], na [[provincia de Xirona]], e no internado do Collell. Aos 16 anos comezou a exercer como correspondente para o xornal ''[[Los Sitios]]'', de Xirona, enviando crónicas futbolísticas e outras noticias.<ref name=":22">{{Cita web|url=http://www.lavanguardia.com/politica/20160109/301290104228/carles-puigdemont-president-generalitat.html|título=Carles Puigdemont, así es el próximo president de Catalunya|dataacceso=9 de xaneiro de 2016|xornal=[[La Vanguardia]]}}</ref>
Liña 88:
 
En 1988 reuníu referencias da prensa internacional sobre Cataluña, material que deu como froito a publicación en 1994 do libro ''Cata... què? Catalunya vista per a premsa internacional''.<ref>[http://www.casadellibro.com/libro-cata---que/9788486491888/601043 Cata... què? Catalunya vista per a premsa internacional], ficha en www.casadellibro.com</ref> É membro do [[Colexio de Xornalistas de Cataluña]].
 
=== Inicios na política ===
En canto á súa traxectoria política, foi alcalde de [[Xirona]] dende o ano [[2011]] e deputado no [[Parlamento de Cataluña]] dende [[2006]]. Nas pasadas{{cando}} eleccións foi dentro da coalición [[Junts pel Sí]] (no terceiro posto pola circunscrición de Xirona<ref>[http://www.eldiario.es/catalunya/Acuerdo-Junts-CUP-Munte-Generalitat_0_471752977.html ''Carles Puigdemont (Convergència) será president de la Generalitat tras el acuerdo de JxSí y CUP''], Catalunya Plural, ''[[Eldiario.es]]'' {{ca}}.</ref>). Ocupou o cargo de presidente da [[Associació de Municipis per la Independència]] dende o [[17 de xullo]] de [[2015]],<ref>[http://www.elmundo.es/cataluna/2016/01/09/56912659268e3e4f238b45e6.html ''Carles Puigdemont, rostro del independentismo municipal''], ''[[El Mundo]]'', 9 de xaneiro de 2016 {{es}}.</ref> en substitución de [[Josep Maria Vila d'Abadal]].