Henrique I de Champaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 16:
* [[Teobaldo III de Champaña]] (1179-1201).
 
=== Segunda Cruzada ===
Henrique participou na [[Segunda cruzada|Segunda Cruzada]] baixo a dirección de [[Luís VII de Francia]]. Levaba unha carta de recomendación de [[Bernardo de Claraval]] dirixida a [[Manuel I Comneno]], emperador bizantino, que figura entre os notables presentes na asemblea celebrada por [[Balduíno III de Xerusalén]] en [[Acre, Israel|Acre]] o [[24 de xuño]] de [[1148]].
 
=== Champaña ===
Á morte do seu pai, Henrique optou por tomar soo a Champaña, deixando aos seus irmáns máis novos as outras posesións da familia (incluídas [[Condado de Blois|Blois]], [[Condado de Chartres|Chartres]], [[Condado de Sancerre|Sancerre]] e [[Condado de Châteaudun|Châteaudun]]). No momento parecía sorprendente, xa que os demais territorios eran máis ricos e desenvolvidos, pero Henrique debeu prever as posibilidades de Champaña e durante o seu goberno o condado converteuse nun dos máis ricos e poderosos dos principados franceses. Henrique estableceu a orde no goberno sobre os baróns de Champaña, e puido contar coa lealdade de 2.000 vasalos, feito que o converteu nun dos señores feudais máis poderosos de Francia. Logrou esta orde e poder convertendo a Champaña nun lugar seguro para reunir os comerciantes e baixo a súa protección creáronse as [[feiras de Champaña]], convertendo este territorio nunha das prazas para o comercio de longa distancia e das finanzas máis importantes da Idade Media en Europa. A capital de Champaña en [[Troyes]] converteuse tamén nun recoñecido centro literario.
 
=== En Xerusalén, captura e morte ===
En [[1179]] Henrique volveu a [[Xerusalén]] cun grupo de cabaleiros franceses, incluíndo os seus parentes [[Pedro I de Courtenay|Pedro de Courtenay]] -irmán de Luís VII- e [[Filipe de Dreux]], [[bispo de Beauvais]]. Henrique volveu a Europa por vía terrestre a través de [[Asia Menor]], pero foi capturado e mantido como refén por [[Kilidj Arslan II]], o sultán dos [[Imperio selxúcida|selxúcidas]] de [[Sultanato do Rum|Rüm]]. O emperador bizantino pagou o rescate e Henrique foi liberado, pero morreu ao pouco tempo. Foi sucedido polo seu fillo maior [[Henrique II de Champaña]].
==Véxase tamén==