Río dos Gafos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Patrimonio: arranxiños
+ bibliografía
Liña 23:
O seu caudal está marcado pola pluviosidade das estacións do ano. Se ben en outono e inverno adoita ir cargado, no verán leva menos auga, en parte tamén polo uso excesivo das súas augas para o rego de leiras e predios, ben con canles, ben mediante bombeo.
 
O seu leito adoita transcorrer á beira de asentamentos humanos, polo que as súas marxes se ven acotío alteradas pola agricultura, as obras públicas e as infraestruturas. Estes cambios implican danos, ás veces irreparables, e o río sofre un grande impacto de fertilizantes, pesticidas e herbicidas que afectan á biodiversidade. A pesar destes impactos e da súa proximidade a importantes núcleos de poboación, o río mantén un importante valor ecolóxico; destacando a presenza de lontras como bioindicador do actual bo estado das augas<ref>[{{cita novas|url=http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2007/10/07/0003_6206482.htm "|título=Lontras no río dos Gafos"] artigo en ''|xornal=[[La Voz de Galicia]]'', |data=7 de outubro de 2007.}}</ref>.
 
== Biodiversidade ==
Liña 35:
Ten un total de 16 pontes, e ata mediados do século XX funcionaron lavadoiros e muíños. Desde a década dos 60, no barrio pontevedrés de Campolongo flúe por un treito soterrado de canalización durante 525 metros.
 
Unha das súas pontes, a ponte do Couto, sita nas proximidades da estación de autobuses de Pontevedra, foi considerada durante moito que orixinara xunto ca ''Ponte do Burgo'' (sobre o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]]) a denominación de ''Ad Duos Pontes'', nome da vila romana que se cría xermolo da cidade de Pontevedra. Porén, na actualidade esta teoría está desbotada<ref>[{{cita novas|url=http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/04/08/0003_6714168.htm "|título=Unha ponte con moita historia, sepultado baixo un poboado"] artigo en ''|xornal=La Voz de Galicia]]'', |data=8 de abril de 2008.}}</ref>.
 
Dado que ata o século XX non houbo auga corrente nas casas (a primeira foi o Palacete dos Mendoza no 1897), as súas augas foron utilizadas como lavadoiros públicos, sendo moi concorridos xa que estaba prohibido lavar no curso do Lérez. Con posterioridade estes lavadoiros terían maiores comodidades, contando incluso con luz eléctrica.
 
O río foi abandonado á maleza e as súas beiras aparecían nos últimos anos cheas de residuos. Pero coa chegada do século XXI naceu o colectivo [[Vaipolorío]], creado por un grupo de veciños. Se ben a súa actividade inicial era basicamente limpar o río, posteriormente comezaron outras como a creación dunha ruta, obradoiros medioambientais, catalogación de flora e fauna e a recuperación da toponimia.<br />Estas actividades foron recoñecidas cos premio Cidade de Pontevedra no ano 2001, outorgado polo Concello de Pontevedra, no apartado de institucións, pola defensa do medio ambiente natural, e o Premio Amigos de Pontevedra, outorgado no 2004 pola Asociación Amigos de Pontevedra, tamén no apartado de institucións, polo traballo de recuperación do río dos Gafos.
 
No ano 2007, co apoio da [[Consellería de Medio Ambiente]], o Concello acondicionou as marxes do río no treito urbano, con paseos e pasarelas de madeira.
Liña 45:
== Notas ==
{{Listaref}}
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*{{cita libro|autor1={{Versaleta|[[Francisco Javier Silva-Pando|Silva-Pando, F. J.]]}}|autor2={{Versaleta|[[Amancio Castro González|Castro González, A.]]}}|ano=2015|título=Flora do Río dos Gafos|editorial=Concello de Pontevedra}}
*{{cita libro|autor={{Versaleta|[[Carlos Solla Varela|Solla Varela, C.]]}}|ano=2009|título=Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos|editorial=Concello de Pontevedra}}
*{{cita libro|autor={{Versaleta|[[Carlos Solla Varela|Solla Varela, C.]]}}|ano=2014|título=O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970)|editorial=Morgante}}
 
{{Control de autoridades}}