Ertuğrul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
|lugar_de_nacemento = descoñecido}}
 
'''Ertuğrul''' ({{Lang-ota|ارطغرل|}} <small>romanizado</small> Erṭoġrıl, {{Lang-tr|Ertuğrul}}; adoita engadirse o título ''Gazi'') (m. ca. [[1280]])<ref name="Shaw">{{Cita libro|autor= Shaw, Stanford J.|título=History of the Ottoman Empire and modern Turkey|páxina=13|ano= 1976|volume=I. Empire of the Gazis: the rise and decline of the Ottoman Empire, 1280-1808]}}</ref>, foi o pai de [[Osman I]]<ref name="Finkel">{{Cita libro|ISBN=9781848547858|título=Osman's Dream: The Story of the Ottoman Empire 1300-1923|autor=Caroline Finkel|editorial=John Murray|ano=2005}}</ref>. Segundo a tradición otomá, era fillo de Suleyman Shah, líder da tribo Kayı dos turcos oghuz, que fuxiron do oeste de [[Asia Central]] para [[Anatolia]] por mor das conquistas mongois. Así e todo, outras tradicións afirman que era fillo dun personaxe de nome Gündüz Alp<ref name="Akgunduz">{{Cita libro|ISBN=978-90-90-26108-9|título=Ottoman History - Misperceptions and Truths|autor= Ahmed Akgunduz, Said Ozturk|páxina=34-35|ano=2011|editorial= IUR Press}}</ref><ref name="auto">{{Cita libro|autor= Kermeli, Eugenia|ano=(2009| capítulo=Osman|editor=Ágoston, Gábor; Bruce Masters|título=Encyclopedia of the Ottoman Empire|páxina=444}}</ref>. Tras a morte do seu pai, Ertuğrul e os seus seguidores entraron ao servizo do [[sultanato de Rum]] e en troco recibiron o dominio sobre a cidade de Söğüt na fronteira co [[Imperio Bizantino]]<ref>{{Cita libro|autor=Shaw, Stanford|ano=1976|título=History of the Ottoman Empire and Modern Turkey|editorial=Cambridge University Press|páxina=13}}</ref>. Como ao seu fillo, Osman, e aos seus descendentes, cítase a miúdo a Ertuğrul como un ''Ghazi'', un loitador heroico da causa do [[Islam]].<ref>Peter F. Sugar ''Southeastern Europe under Ottoman rule 1354-1804'', p.14</ref>
 
== Traxectoria ==
Nada se sabe de certo sobre a vida de Ertuğrul, alén de ser o pai de Osman; as referencias máis antigas son historias escritas polos otománs un século despois da súa morte, e de precisión cuestionable<ref name="coin">{{Cita libro|autor=Lindner, Rudi P.|ano=1983|título=Nomads and Ottomans in Medieval Anatolia|editorial=Indiana University Press|páxina=21}}</ref><ref>{{Cita libro|ISBN=9780521620932|autor=Fleet, Kate|título=The Cambridge History of Turkey|editorial= Cambridge University Press|ano=2009|páxina=118}}</ref>. Hai algunhas moedas cuñadas supostamente na súa época ou pouco despois, unha co texto "Cuñada por Osman fillo de Ertuğrul", suxire que Ertuğrul foi unha figura histórica<ref>{{Cita libro|ISBN=978-1-84854-785-8|títuloname="Finkel"/> }}</ref>- Noutra moeda lese "Osman bin Ertuğrul bin Gündüz Alp"<ref name="FinkelAkgunduz"/>, malia Ertuğrul considerarse tradicionalmente fillo de Suleyman Shah<ref name="auto"/>. Segundo estas tradicións tardías, Ertuğrul foi o xefe da tribo Kayı<ref name="Shaw"/> dos oghuzs. Como resultado da axuda que lle deu os [[Dinastía selxúcida|selxúcidas]] contra dos Bizantinos, o sultán sexúcida do Rum Ala ad-Din Kay Qubadha I concedeulle terras en Karaca Dağ, unha zona montañosa preto de Angora (actual [[Ancara]]). Un relato indica que foi por repeler unha incursión hostil dos bizantinos ou outro adversario<ref>Ali Anooshahr, ''The Ghazi Sultans and the Frontiers of Islam'', pg. 157</ref>. Máis tarde, recibiu a aldea de Söğüt que conquistou xunto coas terras veciñas. Esa aldea, onde morrería, converteuse na capital otomá co seu fillo [[Osman I|Osman]].
== Legado ==
Segundo a tradición, Osman edificou en Söğüt unha tumba e mesquita dedicada a Ertuğrul pero o certo é que non se sabe a orixe real desas estruturas. O actual mausoleo erixiuno o sultán [[Abdul Hamid II]] a finais do século XIX. A cidade de Söğüt celebra un festival anual en memoria dos primeiros Osman<ref>{{Cita web|url=https://books.google.co.uk/books?id=hslOx5bvOzkC&pg=PT37&dq=Ertu%C4%9Frul+tomb&hl=en&sa=X&ved=0ahUKEwil2rqf34PWAhUqD5oKHflEBQIQ6AEIODAD#v=onepage&q=Ertu%C4%9Frul+tomb&f=false}}</ref><ref>{{Cita libro|ISBN=978-1-86064-472-6|url=https://archive.org/details/TheWellProtectedDomainsOttomanEmpire/page/n39/mode/2up}}</ref>.