Día Internacional dos Traballadores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
m →‎O día 1 de maio, a folga: Arranxos varios, replaced:

(6)
Liña 34:
O redactor do ''[[Diario dos traballadores]]'' Fischer correu ao seu xornal onde redactou unha proclama (que logo se utilizaría como principal proba acusatoria no xuízo que o levou á forca) imprimindo 25.000 [[panfleto]]s. A proclama dicía:

{{Cita|''Traballadores: a guerra de clases comezou. Onte, fronte á fábrica McCormik, fusilouse ós obreiros. ¡O seu sangue pide vinganza!
''¿Quen poderá dubidar xa que os chacais que nos gobernan están ávidos de sangue traballador? Pero os traballadores non son un rabaño de años. ¡Ó terror branco respondamos co terror vermello! É preferible a morte que a miseria.
''Se se fusila ós traballadores, respondamos de tal xeito que os amos o recorden por moito tempo.
''É a necesidade o que nos fai gritar: ¡Ás armas!
''Onte, as mulleres e os fillos dos pobres choraban aos seus maridos e aos seus pais fusilados, en tanto que nos palacios dos ricos enchíanse vasos de viño custosos e bebíase á saúde dos bandidos da orde...
''¡Secade as vosas bágoas, os que sufrides!
''¡Tede coraxe, escravos! ¡Levantádevos!.|}}

A proclama finalizaba convocando un acto de protesta para o día seguinte, o catro, ás catro da tarde, na praza Haymarket. Conseguiuse un permiso do alcalde Harrison para facer un acto ás 19.30 no parque Haymarket. Os feitos que alí sucederon son coñecidos como [[Revolta de Haymarket]].