Sociedade Xeral de Autores e Editores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Polémicas: Arranxo
https://academia.gal/dicionario/-/termo/blog
Liña 32:
A SGAE demandou a varios sitios webs en defensa da súa honra o que provocou certas campañas internautas en contra da súa entidade. A [[Asociación de Internautas]] foi condenada a pagar unha indemnización de 36000 [[euro]]s por aloxar o sitio web ''putasgae''. O responsábel da [[Frikipedia]] foi tamén denunciado en [[2006]] por insultos nunha definición satírica que o sitio (a Frikipedia) tiña sobre a SGAE. Segundo [[Pedro Farré]], un dos responsábeis da SGAE, esta iniciativa non foi un feito illado senón que se denunciaría a toda web que albergue contido difamatorio contra a organización, fora incluído ou non polo responsábel da páxina ou portal en cuestión.
 
En [[2006|xaneiro de 2006]], a organización decidiu devolver os 518 [[euro]]s que fixo pagar, tras unha denuncia, á compañía de teatro ''Taller Cultural'' de [[Fuentepelayo]] ([[Segovia]]), unha organización sen ánimo de lucro que está formada na súa maior parte por nenos discapacitados. Aínda que dende a SGAE asegurouse que o proceso foi froito dun "erro", algúns cren que a marcha atrás foi debida á campaña de denuncia que se levantou nos meses previos en diversos [[weblogblog|blogs]] e portais de [[internet]]. A SGAE declarou nalgunha ocasión que non está capacitada para renunciar a percibir os correspondentes [[dereitos de autor]], por exemplo, nun concerto solidario, xa que implicaría unha deixación das súas funcións.
 
O [[8 de febreiro]] do mesmo ano, a [[Unión Europea]] expedientou á SGAE por vulnerar ás leis [[monopolio|anti-monopolio]] na venda de licenzas para descargar música en [[internet]].