Mesoamérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Área maia: Arranxos varios
→‎Oaxaca: texto traducido desde a wiki ,es:Mesoamérica#Oaxaca
Liña 77:
 
Séculos máis tarde, desenvolvéronse os primeiros centros de poboación que haberían de converterse en cidades no [[Período clásico mesoamericano|período Clásico]]. Entre eles hai que contar a [[Kaminaljuyú]] nas terras altas de Guatemala, [[Quiriguá]], [[Uaxactún]] e [[Tikal]], esta última habería de ser a máis grande das cidades maias entre os séculos III e VIII d. C. A caída e abandono das grandes cidades maias debeuse a unha combinación de factores: guerras internas, desastre ecolóxico, cambio climático, migracións provenientes do norte de Mesoamérica. Desta maneira, o corazón da cultura maia trasladouse ás terras da actualmente denominada [[península do Iucatán]]. Nesta rexión haberían de florecer as cidades de [[Chichén Itzá]], [[Uxmal]], [[Tulum]], [[Mayapán]], [[Cobá]] e [[Izamal]] entre moitas outras, a partir da migración maia cara á península do Iucatán ocorrida desde as terras altas de Guatemala a partir do [[século III]] d. C. e despois, dentro da propia Península, predominantemente de oriente a poñente, a partir do [[século V]] d. C. Na actualidade perviven 27 grupos maias, 21 deles en [[Guatemala]].
 
=== Oaxaca ===
[[Ficheiro:Monte Alban.jpg|miniatura|Praza central de Monte Albán, cidade construída na cima dun cerro que domina os Vales Centrais de Oaxaca.]]
Sen ningunha dúbida trátase dunha das máis importantes zonas mesoamericanas. Nos vales centrais de Oaxaca orixinouse a civilización zapoteca, quen estableceu o calendario de 260 días, usado posteriormente pola maioría dos pobos mesoamericanos, e un sistema de escritura propio e diferente ao olmeca e ao maia. Monte Albán converteuse no paradigma desta civilización, e á súa caída a rexión foi ocupada polos mixtecos.
 
== Notas ==