Agrarismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O '''movemento agrario''' ou '''agrarismo''' foi un movemento reivindicativo de masas no que o campesiñado [[Galicia|galego]] participou activamente a través das sociedades agrarias e de [[sindicato]]s agrícolas no primeiro terzo do [[século XX]], sobre todo a partir de [[1907]], cando apareceu [[Solidaridad Gallega]], que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo eran a loita contra o [[Foro (contrato)|sistema foral]] —o cal obrigaba ao campesiñado a pagar rendas abusivas— e contra o [[caciquismo]], ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego. A pretensión dos labregos era convertérense en propietarios plenos das terras que traballaban.
 
O agrarismo constituíu o primeiro movemento de masas da [[Galicia na Idade Contemporánea|Idade Contemporánea]]; da súa implantación por toda Galicia resulta revelador que nos [[Década de 1920|anos vinte]] existisen máis de mil sociedades agrarias. Durante a [[Segunda República Española|República]] diversificouse ideoloxicamente e desapareceu ao estalar a [[guerra civil española]].
 
==Orixe e evolución==