Semiótica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
André (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
Liña 22:
Sassure parece ter pensado na posibilidade dunha "ciencia que estude a vida dos signos no cadro da vida social". A lingüística sería unha parte desta ciencia e, pola súa volta, a semioloxía sería parte da área máis ampla da [[psicoloxía socia]]. A definición mesma de signo en Saussure está ligada dunha banda a unha perspectiva psicolóxica (signo = imaxe acústica+concepto) e doutra a outra social (convencionalidade do signo e concepto de lingua como un sistema lingüístico compartido socialmente).
 
Roland Barthes, nos seus ''Elementos de semioloxía'' de [[1964]], partiu da idea de Saussure da posibilidade de constituir unha "ciencia xerais dos signos", ou semioloxía. Mais reinvertiu a relación entre lingüística e semioloxía: é a segunda que fai parte da lingüística e non ao contrario. Isto debíase a que só na lingua resulta posíbel concebir e identificar o significado das diversas formas de significación que atopamos no contexto social e cultural: cinema, [[publicidade]], [[moda]], [[televisión]]. A semioloxía, por tanto, estuda as "grandes unidades significantes" do discurso social. Desta arte, Barthes atopaba puntos de contacto entre as investigacións de disciplinas como a [[antropoloxía]] (en particular a [[antropoloxía estrutural]] de [[Claude LeviLévi-Strauss]], a [[psicanálise]] de [[Jacques Lacan]], a [[socioloxía]], e a análise literaria ou teoría da literatura ([[narratoloxía]]). Barthes toma en consideración algúns conceptos chaves do pensamento de Saussure e procura unha extensión ao aplicalos aos sectores culturais e sociais ([[lingua]]/[[fala]], [[significante]]/[[significado]], [[sistema]]/proceso ([[sintagma]]), [[denotación]]/[[connotación]]).
 
[[Category:Lingüística]]