José Luis Rodríguez Zapatero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 59:
Comprométese, xa desde moi novo do mesmo xeito que a súa familia politicamente ben á esquerda. En [[1976]], asiste co seu pai á primeira reunión autorizada do [[Partido Socialista Obreiro Español]] en [[Xixón]] e en [[1978]], pegando cartaces para este partido.
 
Adhírese a este partido socialdemócrata en febreiro de [[1979]] empuxado dunha parte pola súa admiración do discurso de [[Felipe González]], e doutra polas ideas herdadas do seu avó paterno. Apoiado polo deputado local Ángel Capdevilla, en decembro de [[1982]] é nomeado secretario do partido en León, á idade de vinte e dous anos. A súa ascensión política monta en frecha desde ese momento e intégrase nas comisións da [[Constitución]], [[Defensor do Pobo (España)|Defensor do Pobo]], [[Xustiza]] e [[Interior]].
 
Foi elixido secretario xeral da Federación Socialista de León (FSL) no congreso celebrado en [[Astorga]] o [[19 de xuño]] de [[1988]]. Será tamén elixido deputado pola súa provincia nas eleccións lexislativas do [[22 de xuño]] de [[1989]], converténdose no cargo electo máis novo do [[Congreso]].