Guillerme I de Ponthieu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 1:
{{biografía}}
'''Guillerme I de Ponthieu''', tamén chamado '''Guillerme III Talvas''', finado o [[29 de xullo]] de [[1171]], foi [[conde de Ponthieu]] de [[1110]] a [[1126]], [[Condado de Alençon|señor de Alençon]] e de [[Sées]] (baixo o nome de ''Guillerme III'') de [[1119]] a [[1171]]. Era fillo de [[Roberto II de Bellême]], señor de [[Bellême]], de [[Condado de Alençon|Alençon]], [[vizconde de Hémois]], e [[conde de Shrewsbury]], e de [[Inés de Ponthieu|Inés]], condesa de Ponthieu.
 
== Traxectoria ==
 
O seu pai era un nobre anglo-normando que, aínda que fiel a [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme I de Inglaterra]], buscou independizarse á morte deste e a miúdo rebelouse contra os fillos de Guillerme. [[Henrique I de Inglaterra]] requisou as súas terras inglesas en 1102 e prendeuno en [[1112]]. Roberto de Bellême amosárase cruel coa súa muller, ata o punto de que esta fuxiu e se refuxiou na corte de Blois, para logo establecerse no Ponthieu. Morreu entre 1106 e 1110 e despois o seu fillo Guillerme Talvas converteuse en conde de Ponthieu como Guillerme I. En [[1119]], Henrique Beauclerc (Henrique I) devolveu a Guillerme Talvas unha parte dos dominios confiscados ao seu pai. Morreu en 1134 e Guillerme acadou os seus dereitos en Normandía como Guillerme III.
 
Para dedicarse aos asuntos normandos, encomendou o condado de Ponthieu ao seu fillo Guido en 1126. No conflito entre Henrique I de Inglaterra e [[Godofredo V de Anjou|Godofredo Plantagenet]], [[Condado de Anjou|conde de Anjou]], escolleu o bando do conde de Anjou e Henrique tomoulle os castelos de [[Alençon]] e [[Argentan]]. Aproveitou a morte do rei Henrique I para retomar Alençon. A morte do rei anunciou unha [[Anarquía de Inglaterra|guerra de sucesión]] entre [[Matilde de Inglaterra]], filla do rei e muller de Godofredo Plantagenet, e [[Estevo I de Inglaterra|Estevo de Blois]], sobriño do rei. Mentres a maioría dos señores veciños se uniron a Estevo, Guillerme permaneceu leal a Godofredo e Matilde e tivo que defenderse contra [[Rotrou III de Perche]] e [[Ricardo de l'Aigle]]. En 1147, seguiu o rei [[Luís VII de Francia|Luís VII o Mozo]] á [[segunda cruzada]]. Á súa volta, un litixio fixo que se opuxese a [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II Plantagenet]], o novo conde de Anjou e duque de Normandía, e este retomoulle Alençon. Para se vingar, Guillerme arrasou a zona entre Perche e Normandía.
 
Despois de fundar varios establecementos relixiosos, nomeadamente a [[Abadía de Perseigne]], Guillerme Talvas morreu o [[29 de xuño]] de [[1171]].
 
=== Matrimonio e fillos ===
Casara sobre 115 con [[Helena de Borgoña]] (circa 1080 - 1141), filla do duque de Borgoña [[Odón I de Borgoña|Odón I]], e de [[Sibila de Borgoña]], e viúva do seu primeiro matrimonio con [[Bertrán de Tolosa]]. Deste matrimonio naceron:
 
* [[Guido II de Ponthieu|Guido II]] († 1147), conde de Ponthieu.
* Guillerme, asociado co goberno do [[Condado de Alençon|condado de Alençon]], pero morreu entre 1166 e 1171.
* Roberto, citado en 1127.
* Enguerrando, citado en 1127.
Liña 26:
* [http://www.fmg.ac/Projects/MedLands/NORTHERN%20FRANCE.htm#GuillaumeIPonthieudied1171B Guillerme de Ponthieu] en Medieval Genealogy.
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Condes de Alençon]]
[[Categoría:Condes de Ponthieu]]