Forges: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Traxectoria: referencia
Liña 6:
Fillo do galego da [[A Fonsagrada|Fonsagrada]] [[Antonio Fraguas Saavedra]] e a catalá Ascensión de Pablo, pasou a súa infancia nunha ampla familia na que era o segundo de nove irmáns. Foi un mal estudante, pero un gran lector de [[Richmal Crompton]] e os seus libros sobre [[Charlie Brown]]. Cursou estudos de Enxeñería de Telecomunicación e Ciencias Sociais.
 
En [[1956]], con 14 anos de idade, comezacomezou a traballar como técnico de telecine en [[Televisión Española]] e como mesturador de imaxe desde [[1962]]. Abandonou o cadro de persoal de [[TVE]] sendo Coordinador de Estudo en [[1973]] para dedicarse profesionalmente ó humorismo gráfico. Publicara o seu primeiro debuxo en [[1964]] no diario ''[[Pueblo]]'',<ref name=":0" /> da man de [[Jesús Hermida]], e logo pasou a ''Informaciones''. [[Jesús de la Serna]] encomendoulle o chiste editorial; en [[1970]] comenza a colaborar en ''[[Diez Minutos]]'' e traballa nas revistas de humor ''[[Hermano Lobo]]'' e ''[[Por Favor]]''. Fixo o servizo militar como furriel de artillería, casou e tivo tres fillas e un fillo. Publicou o chiste editorial en ''Diario 16'' e posteriormente en ''[[El Mundo]]'', pero deixou este xornal, do que fora un dos fundadores, e pasou a asinar o chiste editorial de ''[[El País]]''. Ademais posuía seccións de humor gráfico nas revistas ''[[Lecturas]]'', ''[[Jano]], [[Interviú]]'' e ''[[El Jueves]]''.
 
Dirixiu dúas películas (''País S.A.'', [[1975]], e ''El Bengador Gusticiero y su pastelera madre'', 1977) e 4 series de humor en televisión, ''El Muliñandupelicascarabajo'' ([[1968]]), ''Nosotros'' ([[1969]]) e ''24 horas aquí'' ([[1976]]), en [[TVE]]; e ''Deforme semanal'' ([[1991]]), en [[Telemadrid]] co seu irmán [[José María Fraguas]]. Na radio participou en programas como ''[[Protagonistas]]'', ''[[La Ventana]]'' e ''[[No es un día cualquiera]]'', de RNE, con [[Pepa Fernández]], e en ''La Ventana'', de [[Gemma Nierga]], na [[Cadena SER]].