Ébola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 110:
Debido á falta dun equipamento e de prácticas hixiénicas adecuados, as grandes epidemias ocorreron principalmente en áreas pobres e illadas, sen hospitais modernos ou equipos médicos ben adestrados. O adestramento dos traballadores sanitarios nas técnicas de protección, illamento e desinfección, e a provisión de equipamentos axeitados para crear unha barreira de separación (como os traxes especiais) é unha prioridade para organizacións sobre o terreo como [[Médicos sen Fronteiras]].<ref>{{cita novas|url=http://www.nytimes.com/2014/10/11/world/africa/doctors-without-borders-evolves-as-it-forms-the-vanguard-in-ebola-fight-.html?_r=0 |título=Doctors Without Borders Evolves as It Forms the Vanguard in Ebola Fight|xornal=The New York Times|autor=Nossiter e Kanter|data=10 de outubro de 2014|dataacceso=12 de outubro de 2014}}</ref> Isto require unha previa aprendizaxe sobre como poñer e quitar o equipo persoal protector. En Serra Leoa, o período de adestramento típico para o uso destes traxes protectores é de aproximadamente 12 días.<ref>{{Cita novas|url=http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/ebola/11155840/Ebola-medics-better-trained-in-Sierra-Leone-than-Spain.html|título= Ebola medics 'better trained in Sierra Leone than Spain'|xornal= The Telegraph|autor= Fiona Govan |data= 11 de outubro de 2014}}</ref> As tripulacións de liñas aéreas que voan a áreas afectadas son instruídas para saberen identificar o ébola e illar a calquera que manifeste os síntomas.<ref>{{Cita web|url=http://www.webmd.com/a-to-z-guides/ebola-fever-virus-infection|título= Ebola Virus: Symptoms, Treatment, and Prevention}}</ref> Nos laboratorios onde se levan a cabo as probas de diagnóstico cómpre un nivel 4 de [[bioseguridade]], xa que os ebolavirus son considerados pola OMS como patóxenos do Grupo de risco 4.
 
A OMS considera moi importante a instrución da poboación xeral sobre os factores de risco e as medidas de protección individuais.<ref name=WHOFS103>{{cita web|título= Ebola virus disease Fact sheet N°103 |url=http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs103/en/|páxina-web=[[OMS]]|dataacceso=6 de setembro de 2014 }}</ref> Estas inclúen evitar o contacto directo con persoas infectadas e lavar as mans regularmente con auga e xabón.<ref>{{cita web | url = https://plan-international.org/about-plan/resources/news/ebola-outbreak-5-tips-to-avoid-the-deadly-disease/| title = Ebola – 5 tips to avoid the deadly disease | editor= Plan International| data = 6 de setembro de 2014}}</ref> En África, a carne de caza é un importante recurso alimenticio, polo que debería manipularse con roupas protectoras e cociñarse suficientemente antes de ser consumida.<ref name=WHO2014/> As epidemias entre os animais salvaxes están sendo vixiadas desde 2003 para intentar previr os brotes entre as poboacións humanas.<ref name="Cite pmid15752448">{{Cita publicación periódica | autor = Rouquet P, Froment JM, Bermejo M, Kilbourn A, Karesh W, Reed P, Kumulungui B, Yaba P, Délicat A, Rollin PE, Leroy EM | título = Wild animal mortality monitoring and human Ebola outbreaks, Gabon and Republic of Congo, 2001–2003 | journal = Emerging Infectious Diseases | volume = 11 | número = 2 | páxinas = 283–290 | data = feb 2005 | pmid = 15752448 | pmc = 3320460 | doi = 10.3201/eid1102.040533 | url = http://www.cdc.gov/ncidod/EID/vol11no02/04-0533.htm | issn = 1080-6040 | revista = | data-acceso = 05 de agosto de 2014 | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090424024425/http://www.cdc.gov/ncidod/EID/vol11no02/04-0533.htm | dataarquivo = 24 de abril de 2009 | urlmorta = si }}</ref> Os vellos rituais de enterramentos tradicionais, e os que requiren embalsamamento ou unción dos corpos, deberían ser desaconsellados ou modificados.<ref name=CDC1998/>
 
=== Rastreo de contactos e corentena ===