Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 161:
No antigo Exipto os gatos eran [[animal sagrado|animais sagrados]], e son comúns as representacións da deusa [[Bastet]] en forma de gato, tomando en ocasións o aspecto guerreiro dunha [[león|leoa]].{{sfn|Mason|1984|p=220}} Matar gatos estaba completamente prohibido,<ref name="Clutton-Brock1999">{{Cita libro |last=Clutton-Brock |first=Juliet |title=A Natural History of Domesticated Mammals |date=1999 |orig-year=1987 |publisher=[[Cambridge University Press]] |location=Cambridge, England |isbn=0-521-63495-4 |page=138 |edition=2nd |url= https://books.google.com/?id=cgL-EbbB8a0C&pg=PA138&dq=mummified+cats#v=onepage&q=mummified%20cats&f=false}}</ref> e segundo o historiador [[antiga Grecia|grego]] [[Heródoto]], cando un gato pertencente a un fogar falecía, a familia enteira pasaría a estar de loito e afeitarían as [[cella]]s.<ref name="Clutton-Brock1999" /> As familias levaban ós seus gatos mortos á cidade sagrada de [[Bubastis]],<ref name="Clutton-Brock1999" /> onde se [[embalsamamento|embalsamaban]] e soterraban en depósitos sagrados.<ref name="Clutton-Brock1999" /> Os historiadores indican que os gatos foron introducidos en [[Grecia]] e no sur de [[Italia]] por primeira vez no [[século -V|século V a. C.]] polos [[fenicios]].<ref name="Mark2012">{{Cita web |last=Mark |first=Joshua J. |date=17 de febreiro de 2012 |title=Cats in the Ancient World |url= https://www.ancient.eu/article/466/cats-in-the-ancient-world/ |work=Ancient.eu |publisher=[[Ancient History Encyclopedia]] Ltd |dead-url=no |archive-url= https://web.archive.org/web/20180102191456/https://www.ancient.eu/article/466/cats-in-the-ancient-world/|archive-date=2 de xaneiro de 2018}}</ref> A evidencia máis temperá da posesión de gatos domésticos por parte dos gregos provén de dúas [[moeda]]s da [[Magna Grecia]] que datan de mediados do século V a. C., nas que se representa a [[Iocasto]] e [[Falanto]], fundadores lendarios de [[Reggio Calabria|Rhegion]] e [[Taranto|Taras]] respectivamente, xogando cos seus gatos mascota.{{sfn|Engels|2001|pp=57-58}}<ref name="Rogers2006">{{Cita libro |last=Rogers |first=Katherine M. |title=Cat |date=2006 |publisher=Reaktion Books |location=London |isbn=978-1-86189-292-8| pages=18–20 |url= https://books.google.com/?id=16ZsW4QLKlUC&pg=PA19&dq=ancient+Greece+cats+and+weasels#v=onepage&q=ancient%20Greece%20cats%20and%20weasels&f=false}}</ref>
 
[[Ficheiro:Cat birds MAN Napoli Inv9993.jpg|miniatura|esquerda|[[Mosaico romano]] dun gato matando a unha [[perdiz]], na ''[[Casa del Fauno]]'' de [[Pompeia]]]]
Porén, os gatos eran aparentemente extremadamente raros entre os antigos gregos e os [[Roma antiga|romanos]].<ref name="Rogers2006" /> Heródoto expresaba o seu asombro dos gatos domésticos en Exipto, xa que anteriormente só tiña visto [[gato bravo|gatos bravos]].<ref name="Rogers2006" /> Incluso en épocas posteriores, os [[furón]]s eran moito máis habituais como mascotas,<ref name="Rogers2006" /> e considerábanse os cazadores de roedores ideais no lugar dos gatos.<ref name="Rogers2006" /> A palabra en [[grego antigo]] habitual para "gato" era ''ailouros'', que significa "cousa coa cola ondeante",{{sfn|Engels|2001|p=57}}<ref name="Rogers2006" /> malia que esta palabra tamén se podía aplicar a calquera dos "varios carnívoros de longa cola que mantiñan para cazar ratos".<ref name="Rogers2006" /> Os gatos case non se mencionan na [[literatura grega antiga]],<ref name="Rogers2006" /> mais [[Aristóteles]] si afirmou na súa ''[[Historia dos animais]]'' que as "gatas femias son naturalmente [[promiscuidade|lascivas]]."{{sfn|Engels|2001|p=74}}<ref name="Rogers2006" /> Posteriormente os gregos levaron a cabo un [[Interpretatio graeca|sincretismo]] da súa propia deusa [[Ártemis]] coa deusa exipcia [[Bastet]], adoptando as asociacións desta última cos gatos e adscribíndoas a Ártemis.{{sfn|Engels|2001|pp=77–79}} Nas ''[[Metamorfoses]]'' de [[Ovidio]], cando os deuses escapan ó Exipto e toman formas animais, a deusa [[Diana]] (equivalente romana de Ártemis) tórnase nun gato.{{sfn|Engels|2001|p=79}}