VGTRK: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
da wikipedia en ruso.
Liña 7:
 
As primeiras emisións foron o [[10 de decembro]] de [[1990]]<ref>A. A. Sherelia (2000) ''Radiozhurnalistika''. Universidade de Moscova</ref> ao emitir Radio Rossii por algunhas horas ao día. O 13 de maio de 1991<ref>Ellen Propper Mickiewicz e James R Shepley (1999) ''Changing Channels: Television and the Struggle for Power in Russia''. Duke University Press, p. 97</ref> comezou a emitir programas televisivos na primeira segunda canle, baixo o nome de [[Rossija 1|RTR]], durante seis horas ao día en tres bloques. O 16 de setembro de 1991 ocupou as frecuencias que deixara libre a segunda canle da Televisión Central Soviética ao deixar de emitir.
== Servizos ==
 
=== Televisión ===
 
A VGTRK conta con catro canles nacionais principais, que emiten por satélite, cable e no primeiro múltiplex da [[televisión dixital]], e que contan con canles adicionais que transmiten a programación con diferentes horas de atraso para asegurar a transmisión dos programas no horario axeitado nun estado con once fusos horarios.
==== Canles ====
*[[Rossija 1]] é a canle de televisión insignia da compañía, emite principalmente información e mais entretemento. A canle principal transmite á parte europea de Rusia, 48 entidades constitutivas da Federación Rusa. Dende o 31 de decembro de 2018 hai outras 9 canles que transmiten a emisión con entre unha e nove horas de atraso sobre o horario de Moscova.
*[[Rossija K]] é unha canle que emite información cultural e programas educativos e musicais e que comezou as súas emisións o 1 de novembro de 1997. Conta con tres canles coa emisión en horario atrasado entre 2 e 7 horas.
== Notas ==
{{Listaref}}