José Ramón Rodil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
m Bot: Arranxos varios, replaced:

(6)
Liña 38:
|web = [http://www.enderezo.com enderezo.com]

'''José Ramón Esteban Mateo Méndez Rodil Gayoso''',<ref>Tamén aparece citado como: Rodil Campillo, pois o apelido materno era Galloso (Gayoso) Campillo.[http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Iniciativas?_piref73_2148295_73_1335437_1335437.next_page=/wc/servidorCGI&DOCORDER=FIFO&QUERY=(96960.NDIP.)&SORT=@ELEN&OPDEF=Y&FMT=DIPHXDES.fmt&docs=2-2&CMD=VERLST&BASE=DIPH] </ref> nado no [[O Trobo, A Fonsagrada|Trobo]] ([[A Fonsagrada]])<ref>''[[Revista Gallega]]'', 183, 11-9-1898 p. 4-5</ref> <ref>{{Cita web|url=http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.1068.php|apelidos=López Pombo|nome=Luis|páxina-web=galiciadigital.com|título=D. José Ramón Esteban Mateo Méndez Rodil Gayoso (Marqués de Rodil)|data-acceso=13-12-2017}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://www.xenealoxia.org/linaxes/lugo/835-rodil-marques-de-fonsagrada|data-publicación=16-01-2003|páxina-web=xenealoxia.org|título=Genealogía del general Rodil. (Marqués de Rodil).|data-acceso=13-12-2017}}</ref> o [[5 de febreiro]] de [[1789]]<ref name=":1">{{Cita web|url=http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDIndHistDip?_piref73_1340024_73_1340023_1340023.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLDA.fmt&DOCS=1-125&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2896960%29.NDIP.|páxina-web=congreso.es|título=RODIL GALLOSO, JOSE RAMON|data-acceso=13-12-2017}}</ref> e finado en [[Madrid]] o [[20 de febreiro]] de [[1853]]<ref name=":0">{{Cita web|url=http://www.senado.es/cgi-bin/BRSCGI?CMD=VERDOC&BASE=HISE&DOCN=000002451|páxina-web=senado.es|título=Expediente personal del Marqués de Rodil, no Senado|data-acceso=13-12-2017}}</ref>, foi un militar e político [[Galicia|galego]].

== Traxectoria ==
Liña 44:
Iniciou os estudos de Latín e Filosofía no [[Seminario de Mondoñedo]]<ref name=":2">{{Cita web|url=http://gie1808a1814.tripod.com/persones/rodil.htm#|páxina-web=|título=RODIL y CAMPILLO, José Ramón|data-acceso=13-12-2017}}</ref> para continualos na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Ao se producir a [[Guerra da Independencia española]], como noutros centros semellantes, creáronse nos claustros unidades de voluntarios para loitar contra os franceses. Rodil integrouse no Batallón Literario en 1808 e participou nas [[Batalla de Espinosa de los Monteros|batallas de Espinosa de los Monteros]], na de [[Batalla de Ponte Sampaio|Ponte Sampaio]] e chegou até o sitio de Baiona (Francia).<ref name=":2" />

Tras participar na Guerra da Independencia seguiu a súa carreira de militar, e marchou a [[América do Sur|América]] onde foi destinado a [[Perú]] en [[1817]]. Aos poucos de chegar a Callao (1817) foi ascendido a comandante. Marchou a [[Arequipa]] coa misión de organizar un batallón e tras un rigoroso adestramento reforzou as unidades realistas da gornición de [[Chile]]. Participou nos combates de [[Talca]], Cancha Rayda e Maipú. Retornou a [[Lima]] onde foi ascendido a coronel (1820) e foi destinado ás forzas que defendían a fortaleza do Callao<ref>{{Cita web|url=http://aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus/eu/rodil-galloso-jose-ramon/ar-121561/|páxina-web=auñamendi euzko entziklopedia|título=Rodil Galloso, José Ramón|data-acceso=13-12-2017}}</ref>.

Tralo [[Batalla de Ayacucho|desastre de Ayacucho]] (1824) que puxo remate ao vicereinato peruano Rodil, comandante militar das fortalezas do Callao, negouse a aceptar a capitulación de Ayacucho na esperanza de recibir reforzos de España. Estando asediado por terra e por mar, resistiu preto de dous anos, na Fortaleza do Real Filipe e os Castelos do porto, dirixindo os veteranos rexementos reais de Lima e Arequipa, xunto con soldados independentistas desertores que se lle uniran. Por fin, o [[22 de xaneiro]] de [[1826]], cando case todos os defensores morreran e os que quedaban estaban sen víveres, Rodil aceptou capitular perante o comandante do asedio, o xeneral venezolano Bartolomé Salom. A resistencia ofrecida chamou a atención de [[Simón Bolívar]] e, cando o xeneral Salom pedía a pena de morte para Rodil, respondeulle: "''O heroísmo non é digno de castigo''". Rodil, conseguiu condicións honorables na capitulación, podendo levar a bandeiras dos rexementos que foron as derradeiras en abandonar o Perú. Coa entrega do Callao, púxose fin á presenza do exército español de América do Sur.

En 1826, volveu á península co grao de Marechal de campo e, polos seus méritos militares, recibiu en 1831 o titulo nobiliario de Marqués de Rodil.

Unido aos liberais, trala reorganización militar levada a cabo pola rexente [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|María Cristina de Borbón]], á morte de [[Fernando VII]], foi encargado, con 15.000 soldados, de perseguir e capturar ao pretendente ao trono [[Carlos María Isidro de Borbón]], irmán do defunto rei, pero non conseguiu a súa capturar por fuxir este a [[Portugal]]. En xuño de 1834, durante a [[Primeira guerra carlista]], foi nomeado Xeneral en xefe do Exército do Norte cargo que ostentou só uns meses pois tras uns enfrontamentos contra Zumalacárregui, ao ser derrotado por este produciuse a súa inmediata destitución como xeneral.
Liña 76:

{{Start box}}
{{succession box | título = [[Ministerio de Guerra|Ministro de Guerra]] | período = 27 de abril - 15 de maio de 1836
20 de agosto - 26 de novembro de 1836
17 de xuño de 1842 - 9 de maio de 1843| predecesor = [[Ildefonso Díez de Rivera]]
[[Andrés García Camba]] (interino)
[[Evaristo Fernández de San Miguel]]| sucesor = [[Antonio Seoane Hoyos]]
[[Javier Rodríguez Vera]]
[[Francisco Serrano Domínguez]] }}
{{End box}}