Imperio Romano de Occidente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
amplío mediante a tradución do artigo da wikipedia española. Retiro a marca de en progreso.
Liña 12:
A metade Occidental coas penínsulas península Itálica e a península ibérica, as [[Galia]]s, a illa de [[Gran Bretaña]], o [[Magreb]] e as costas de [[Libia]] correspondeu ao seu fillo [[Honorio]], mentres que a parte oriental (os [[Balcáns]], [[Anatolia]], [[Oriente Próximo]] e [[Exipto]]) pasou ao seu fillo Arcadio, converténdose co tempo no [[Imperio Bizantino]], nome tomado de [[Bizancio]], denominación grega da súa capital, [[Constantinopla]].
 
Honorio situou a súa capital en [[Milán]]. Xa desde había tempo, a metade occidental do Imperio Romano estivera sumida en continuas guerras civís polo poder, con xenerais que se rebelaban cada poucos meses e se autocoroaban emperadores alternativos, especialmente en [[Britania]] e as Galias. A este complicado cadro que facía tremendamente difícil manter o goberno sobre o Imperio de Occidente uníanse as continuas inxerencias dos pobos bárbaros, que se poñían alternativamente ás ordes duns ou outros contendentes ou rompían con todos entregándose ao saqueo segundo lles conviña. Por todo iso, Occidente sufriu de forma moito máis contundente as consecuencias da crise do [[século III]], mentres que Oriente lograba recuperarse aos poucos, a pesar de se afrontar de forma continua aos [[godos]] e os [[persapersas]], grazas aos ingresos que os ricos campos de Anatolia e sobre todo Exipto lle proporcionaban, a súa maior cohesión interna e a súa poboación máis abundante e menos malladaafectada polas guerras civís, a corrupción e as pestes como ocorría en Occidente.
 
==Invasións Bárbaras==