Exposición Rexional Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
 
== A actividade da comisión mixta ==
Como núcleo organizativo estaba a [[comisión mixta]], formada por representantes do concello e da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago|Sociedade Económica de Amigos do País]], cuxa tarefa era promocionar a exposición. Ademais, tamén era importante reclamar unha atención na sociedade e conseguir a súa adhesión (incluso se conseguiu alcanzar a adhesión da Igrexa). Para isto, contaron coa axuda do xa citado periódico ''La Esposición Compostelana''.
 
Canto a súa actividade, materialízase a súa actuación na elaboración do programa dos certames, na busca dun local para as mostras e a forma máis pertinente de xuntar os obxectos expostos.
 
Existían dúas liñas fundamentais de actuación da comisión: a implicación colaboracionista de determinadas entidades oficiais, e facelas partícipes de solucións, ao atribuírenlles certa capacidade de decisión. Entre as entidades oficiais, destaca o empeño da [[Deputación de Pontevedra|Deputación provincial de Pontevedra]] para solicitar cartos do Goberno.
 
== As exposicións ==