Johann Heinrich Pestalozzi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traducido
engado lig int
Liña 1:
[[Image:Johann Heinrich Pestalozzi.jpg|thumb|right|200px|Retrato de Pestalozzi pintado por [[Francesco Ramos]].]]
'''Johann Heinrich Pestalozzi''' ([[Zurich]] 12 de xaneiro de 1746 - 17 de febreiro de 1827) foi un [[pedagoxía|pedagogo]] [[Suíza|suízo]].
Foi un dos primeiros pensadores ó que se podería denominar "pedagogo" no sentido moderno do termo. O seu pai era [[cirurxía|cirurxán]], pero morreu cando Johann Heinrich era aínda moi pequeno, polo que se criou coa súa nai. Como profetizando a súa obra e pensamento, caracterizouse por ser un neno desobediente, desordenado e con poucos logros escolares na súa infancia.
[[Image:Pestalozzi.jpg|thumbnail|Pestalozzi]]
== Como Sociólogo[[socioloxía|sociólogo]] ==
Pestalozzi, tanto polos seus escritos como por toda a súa actuación, é un home da Ilustración, un perfecto e ilustre representante da mesma en tódolos aspectos. En política, adhírese expresamente ó [[Despotismo Ilustrado]] na obra: ''Ó bo talante, a seriedade e a fidalguía da miña época e da miña patria''(1815). En ''Leonardo e Gertrudis'', e en escritos posteriores, sempre presenta a educación como o medio de superar a pobreza do pobo e de conducilo á felicidade e á virtude (outro ideal da Ilustración).<br>Como home Ilustrado, Pestalozzi postulaba unha relixión sen dogmas revelados nin teoloxías de Igrexa, ás que chamaba "superstición". Para el a relixión residía nos sentimentos do corazón humano e, igual que para Kant, tiña como función moralizar á persoa e á humanidade: a verdadeira relixión é a das boas obras, non a do culto.<br>Por outra parte, Pestalozzi era un cristiano [[protestante]] convencido e devoto, practicante e cheo dunha piedade que inculcaba ós seus alumnos e que expresou en moitos dos seus escritos.
 
== Como [[filantropía|filántropo]] ==
Como [[filántropo]] interesadoInteresado en procurar o ben do pobo, Pestalozzi analiza os fallos da organización e vida social deste, denuncia os abusos que existen nela e propón os medios adecuados para correxir os fallos, en tódolos ámbitos (laboral, sanitario, cultural, educacional, xurídico).
 
== Como Político[[Política|político]] ==
O interese que tiña pola sociedade e o seu bo funcionamento levou a Pestalozzi a ocuparse da política, na que participou activamente nalgunhas ocasións:
•Na súa mocidade, afiliouse a unha sociedade patriótica e se implicou nas súas actuacións.
Liña 14 ⟶ 15:
•Foi membro dunha delegación que en 1802 visitou a [[Napoleón]] para ratificar a nova Constitución que este impuña a Suíza.
 
== Como Xurista[[xurismo|xurista]] ==
Pestalozzi comezara os seus estudios facendo a carreira de [[Dereito]] e, malia que a abandonou axiña, sen dúbida quedoulle unha sensibilidade e unha afición ó tema xurídico, que, en distintas ocasións, foi tocando durante toda a súa vida, insistindo na necesidade de renovar as leis para facelas máis xustas e máis adecuadas á situación do momento.
 
== Como [[Antropólogoantropoloxía|antropólogo]] ==
Pestalozzi cultivou unha [[Antropoloxía Social]], sobre a que asenta as bases das súas concepcións políticas e sociais, e unha [[Antropoloxía Personal]], que lle srve para saber como orientar a educación das persoas. Na práctica, ambos tipos de Antropoloxía veñen implicados o un no outro, xa que o comportamento humano é, en gran parte, un comportamento social.
 
==Como Literato[[literatura|literato]] ==
Pestalozzi foi un escritor profesional e, como tal, desempeñou unha actividade literaria, en varios aspectos. Na súa revista ''Unha folla suíza'', que publicou regularmente durante un ano, ten artigos de contido cultural e frecuentemente inserta tamén poesías. Ocasionalmente cuidou moito a forma estética dos seus escritos, como o titulado ''Epístola a Friné sobre a amizade'' (1782), no que fai gala dun bello estilo literario. Ocórrelle o mesmo en certos momentos, nos que -por exemplo- describe un solpor nun val ou un sentimento relixioso no corazón humano.<br>As obras propiamente literarias de Pestalozzi son dúas. Unha, a primeira parte de ''Leonardo e Gertrudis'', libro este que se pode considerar tamén unha novela costumista, na que o autor presenta e describe uns personaxes populares moi característicos e, sobre todo, pon nas súas bocas unha linguaxe coloquial cheo de frescura rural e de modismos dialectais. Con razón, o seu autor o chama "un libro do pobo" (e a ''Cristóbal e Elsa'', fecit no mesmo estilo, un "segundo libro do pobo"). O gran éxito popular desta obra de Pestalozzi debeuse, sobre todo, a esta característica estilística.
 
== Como Pedagogo[[pedagoxía|pedagogo]] ==
A pedagoxía de Pestalozzi céntrase na educación infantil e escolar e, desde 1811, el e os seus colaboradores mencionan o sistema pestalozziano co nome de "educación moi elemental". Consiste en facer que o proceso de crecemento humano (sensitivo, intelectual e moral) siga o curso evolutivo da natureza do neno, sen adiantarse artificialmente ó mesmo. A educación é vista como unha "axuda" que se dá ó neno neste proceso para que se realice ben, e a actividade educativa e docente é vista como unha "arte".