Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
Liña 218:
En Asia, o [[27 de abril]] de [[1565]], estableceuse o primeiro asentamento en Filipinas por parte de [[Miguel López de Legazpi]] e púxose en marcha a ruta dos [[Galeón de Manila|galeóns de Manila]] (''Nave da China''). [[Manila]] fundouse en [[1572]].
 
Despois do triunfo de España sobre Francia e o comezo das guerras de relixión francesas, a ambición de Filipe II aumentou. No Mediterráneo o [[Imperio Otomán]] puxera en dúbida a hexemonía española, perdéndose [[Trípoli, Libia|Trípoli]] ([[1531]]) e Buxía ([[1554]]) mentres a piratería [[berberiscoBérberes|berberisca]] e otomá se recruaba. En [[1565]], con todo, o auxilio español aos asediados [[Orde de Malta|cabaleiros de San Juan]] salvou [[Malta]], inflixindo unha severa derrota aos turcos.
[[Ficheiro:Battle of Lepanto 1571.jpg|miniatura|285px|[[Batalla de Lepanto]] ([[1571]]).]]
A morte de [[Suleiman I|Suleiman o Magnífico]] e a súa sucesión por parte do menos capacitado [[Selim II]], afoutou a Filipe II e este declarou a guerra ao mesmo sultán. En [[1571]], a [[Santa Liga]], formada por Filipe II, Venecia e o [[Pío V, papa|Papa Pío V]], enfrontouse ao Imperio Otomán, cunha frota conxunta mandada por [[Xoán de Austria]], fillo ilexítimo de Carlos I, que aniquilou a frota turca na decisiva [[Batalla de Lepanto]].