Diccionario enciclopédico gallego-castellano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 45:
 
A publicación fíxose a partir das cuartillas manuscritas que conservaba Julio Rodríguez Yordi, fillo do autor. Estas cuartillas consérvanse hoxe en día na [[Fundación Penzol]]. O volume deste manuscrito era tal que houbo que recortar o material dispoñible por razóns económicas. Este labor foi realizado por Ramón Piñeiro <ref>Nas cuartillas manuscritas pode verse as riscaduras eliminando texto. A ''Gran Enciclopedia Galega'' estima que se suprimiu a cuarta parte do orixinal. De feito, as 45.673 entradas case triplican o volume do último dicionario publicado ata a data, o de Carré, de 1928, con 16.840 voces.</ref>. Asemade suprimíronse numerosas entradas, sobre todo tecnicismos e palabras cultas que coincidían co castelán.
{{cita|"''Noso agradecido sentimento pra os herdeiros do autor; e particolarmente, como persoeiro da confianza de iles e de por sí, ó brilante escritor Don [[Xulio Rodríguez Yordi]], quen con amizade xentil puxo nas mans dos guieiros de GALAXIA o tesouro do libro, a prenda i herdo máis fermosa i entranabre do seu pai. Con amor e respeto, dámolo á pubricidade. Confiamos no trunfo, maino e calado, o xeito de trunfar propio das obras de fondos alicerces, de outa e podente arquiteitura''"|Ramón Otero Pedrayo no Limiar do ''Diccionario''}}
=== Apéndice ===
No terceiro volume recóllese un apéndice constituído por 4.639 entradas que non aparecían na obra orixinal de Eladio Rodríguez e un [[vocabulario]] castelán-galego baseado no das [[Irmandades da Fala]].