Sal común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
sal é masculino sempre. Tamén os sales de química os os sales de baño.
Liña 3:
[[Ficheiro:Laesoe Saltsyderi 2011 ubt-3.JPG|miniatura|Sal]]
[[Ficheiro:DeadSeaIsrael5.jpg|miniatura|Depósitos de sal no [[mar Morto]]]]
O '''sal común''' é un [[mineral]] composto principalmente por [[cloruro de sodio]] (NaCl), un [[composto químico]] encadrado dentro dasdos [[sal (química)|sales químicasquímicos]]. Na súa forma natural é un mineral [[cristalinidade|cristalino]] e coñécese co nome de [[halita]]. O sal atópase en grandes cantidades na [[Auga do mar|auga mariña]], sendo o mineral principal constituínte da mesma, facendo que estes posúan unha media de [[salinidade]] dun 3,5%. O sal é un composto esencial para a vida en xeral, e o [[Sabor salgado|salgado]] é un dos [[sabor]]es básicos dos [[ser humano|humanos]]. Os [[Tecido (bioloxía)|tecidos]] dos [[animais]] conteñen maiores cantidades de sal que os das [[planta]]s. O sal é tamén un dos [[condimento]]s [[alimentación|alimenticios]] máis antigos e comúns, e o [[salgado]] é un método historicamente moi importante para a [[conservación da comida]].
 
Algunhas das primeiras evidencias do procesamento do sal que se coñecen datan de hai uns 8 000 anos, cando os humanos que vivían nunha zona da actual [[Romanía]] fervían augas de [[Manancial|mananciais]] para extraer os sales da mesma, e o comezo da extracción de sal na [[China]] data de aproximadamente o mesmo período. O sal era moi apreciado polos [[pobo hebreo|hebreos]], [[Antiga Grecia|gregos]], [[Imperio Romano|romanos]], [[Imperio Bizantino|bizantinos]], [[hititas]], [[Antigo Exipto|exipcios]] e [[pobo indio|indios]]. O sal era un artigo de comercio moi importante, transportado en barco polo [[mar Mediterráneo]], por estradas construídas especificamente para este propósito e a través do [[Sáhara]] en caravanas de [[camelo]]s. A escaseza e necesidade global do sal levou a varias nacións a disputas e guerras entre elas polo seu control, e é un elemento empregado en varios ritos [[relixión|relixiosos]] ademais de posuír outros significados culturais.