Sal común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
sal é masculino
Miguelferig (conversa | contribucións)
sal é masculino
Liña 7:
Algunhas das primeiras evidencias do procesamento do sal que se coñecen datan de hai uns 8 000 anos, cando os humanos que vivían nunha zona da actual [[Romanía]] fervían augas de [[Manancial|mananciais]] para extraer os sales da mesma, e o comezo da extracción de sal na [[China]] data de aproximadamente o mesmo período. O sal era moi apreciado polos [[pobo hebreo|hebreos]], [[Antiga Grecia|gregos]], [[Imperio Romano|romanos]], [[Imperio Bizantino|bizantinos]], [[hititas]], [[Antigo Exipto|exipcios]] e [[pobo indio|indios]]. O sal era un artigo de comercio moi importante, transportado en barco polo [[mar Mediterráneo]], por estradas construídas especificamente para este propósito e a través do [[Sáhara]] en caravanas de [[camelo]]s. A escaseza e necesidade global do sal levou a varias nacións a disputas e guerras entre elas polo seu control, e é un elemento empregado en varios ritos [[relixión|relixiosos]] ademais de posuír outros significados culturais.
 
O sal extráese de [[minería do sal|minas de sal]] ou por medio da [[evaporación]] de auga mariña. Os principais produtos industriais derivados son a [[sosa cáustica]] e as aplicacións de [[cloro]], utilizándose tamén en moitos procesos industriais que inclúen a manufactura de [[cloruro de polivinilo]], [[plástico]]s, [[celulosa]] e outros produtos. Da produción global anual estimada duns 200 millóns de toneladas de sal, só un 6% do mesmo destínase ó consumo humano. Outros dos seus usos inclúen os procesos de condicionamento da [[auga]], o desxeo de [[autoestrada]]s e usos na [[agricultura]]. O sal comestible véndese en formatos de sal mariñamariño ou sal de mesa entre outros, que adoitan conter [[antiaglutinante]]s e poden ser [[iodo|iodados]] para previr a [[deficiencia de iodo]]. Ademais do seu uso na cociña, o sal atópase presente nunha gran cantidade de [[alimento procesado|alimentos procesados]].
 
O [[sodio]] do sal é un [[nutriente esencial]] para a saúde humana por mor do seu papel como [[electrólito]] e [[osmose|soluto osmótico]]. Non obstante, o consumo excesivo de sal pode incrementar o risco de [[enfermidade cardiovascular|enfermidades cardiovasculares]] en nenos e adultos, coma por exemplo a [[Hipertensión arterial|hipertensión]]. Os efectos do sal na saúde levan estudándose dende tempo, e varias asociacións e expertos de diversos países recomendaron unha redución do consumo de diversos alimentos moi populares ricos en sal.<ref name="efsa">{{Cita web | url=http://www.efsa.europa.eu/en/press/news/nda050622 | title=EFSA provides advice on adverse effects of sodium | publisher=European Food Safety Authority | date=22 de xuño de 2005 | accessdate=9 de xuño de 2016}}</ref> A [[Organización Mundial da Saúde]] recomendou no 2013 que os adultos deberían consumir menos de 2&nbsp;000&nbsp;mg de sodio, equivalentes a uns 5&nbsp;gramos de sal diarios.<ref>{{Cita web |title=WHO issues new guidance on dietary salt and potassium |url=http://www.who.int/mediacentre/news/notes/2013/salt_potassium_20130131/en/ |date=31 de xaneiro de 2013 |publisher=[[Organización Mundial da Saúde|WHO]]}}</ref>