Domingo Quiroga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Estudou no Seminario, pero abandonou para emigrar. Entre [[1920]] e [[1930]] permaneceu en [[Estados Unidos de América|EEUU]], [[México]] e [[Cuba]], traballando como redactor de ''[[Eco de Galicia]]'' (da que foi subdirector) e ''[[Heraldo de Galicia (A Habana)|Heraldo de Galicia]]'' e como colaborador de ''El País''. Foi fundador da Alianza Republicana Española de Cuba en [[1929]]. Ao seu regreso a Galicia en 1930 reanudou os seus traballos na prensa en ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]''. Foi funcionario vinculado a temas pesqueiros durante a [[Segunda República Española|República]], colaborou en ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Industrias Pesqueras]]'' e foi correspondente de periódicos de Cuba en Galicia. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] refuxiouse en [[Vilagarcía de Arousa]] onde foi detido o 25 de agosto. Foi sometido a consello de guerra na Coruña e condenado a prisión. En maio de 1938 foi cesado como auxiliar de oficinas da Mariña Civil.<ref>''El Correo Gallego'', 10-5-1938, p. 4.</ref> Recluído na prisión provincial da Coruña, cando saesaíu en liberdade marchamarchou a Cuba.<ref>{{Cita libro |título= La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941|nome= Marcelino|apelidos= Abuín Duro|ligazónautor= Marcelino Abuín Duro|ano= 2018|editorial= Sociedad Bibliográfica de Galicia|lugar= Abegondo|isbn= 978-84-09-02453-7|páxinas= 183-184|dataacceso= |url=}}</ref>
 
En [[1955]] foi nomeado Oficial de Pesquerías pola [[Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura|FAO]], dous anos despois foi trasladado ao Esquema de Integración Centroamericana, con residencia no [[O Salvador|Salvador]], e en [[1958]], tamén pola FAO, foi enviado ao Instituto Nacional de Pesca de [[Cuba]]. Dende 1961 ata 1965 permaneceu no Instituto Nacional de Pesca de [[Ecuador]]. Experto mundial en recursos pesqueiros pola [[FAO]] (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), foi o primeiro presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia ([[ADEGA]]) e cofundador da Asociación de Armadores da Coruña. Ademais, tivo un papel sobranceiro na defensa dos recursos naturais e do medio ambiente de Galicia.
Experto mundial en recursos pesqueiros pola [[FAO]] (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), foi o primeiro presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia ([[ADEGA]]) e cofundador da Asociación de Armadores da Coruña. Ademais, tivo un papel sobranceiro na defensa dos recursos naturais e do medio ambiente de Galicia.
 
Escritor habitual en ''[[La Voz de Galicia]]'' dende a columna titulada "Panes y Paces", chamou a atención sobre a necesidade de preservar a integridade ambiental da nosa costa, defendendo a pesca e os pescadores artesanais fronte á actividade pesqueira intensiva.