Explosión cámbrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
O único grupo de animais cun bo rexisto fósil que só apareceu despois do Cámbrico foi o filo [[Bryozoa]], cuxos exemplares máis antigos pertencen ao [[Ordoviciano]] Inferior. Os fósiles coñecidos por [[Biota Vendiana]] (ou "biota Ediacarana"), que inclúen animais con [[espícula]]s como as das [[Poríferos|esponxas]] e posibelmente tubos de [[verme]]s, apareceron no período que antecede ao Cámbrico, pero a localización destes fósiles nos filos hoxe en día coñecidos aínda está lonxe de estar esclarecida. O que non hai dúbida é que o Cámbrico foi unha época de extraordinaria innovación e [[evolución]], non só en termos do número de [[especie]]s, senón tamén no desenvolvemento de novos [[nicho]]s e estratexias [[ecoloxía|ecolóxicas]], tales como a [[predación]] activa, a construción de abrigos subterráneos complexos e a aparición ou diversificación das algas mineralizadas de varios tipos, como as algas coralinas e as [[dasicladácea]]s verdes.
 
A Explosión Cámbrica desperta a curiosidade dos científicos, que cuestionan como a vida tería xerado subitamente, despois de millóns de anos de estabilidade e pouca diversidade, organismos tan diversos nun espazo tan curto de tempo, e por que isto xamais volveu a ocorrer. Algúns argumentan que, despois de millóns de anos xerando [[historia xeolóxica do oxíxeno|xerando oxíxeno]] a través da [[fotosíntese]], as algas permitiron o xurdimento de [[organismo aerobio|organismos aerobios]] complexos, que demandaban de máis [[oxíxeno]] para as súas actividades que as [[medusa]]s e esponxas. Outros suxiren que cargas excepcionais de radiación emitidas por fontes externas provocarían [[mutación]]s xenéticas en altos índices, ocasionando as mudanzas morfolóxicas aleatorias observadas nos fósiles.
 
Boa parte desa diversidade (estímase no 85% de toda a vida no planeta) extinguiuse aínda no Cámbrico, hai preto de 490 millóns de anos, e algúns planos de organización nos animais xamais foron vistos novamente. A súa [[extinción en masa]] é máis facilmente explicada a través dunha mudanza brusca no clima do planeta (unha [[glaciación]] ou un [[efecto invernadoiro]], talvez o impacto dun [[asteroide]]), que tería abalado os ecosistemas adaptados ás condicións anteriores, e seleccionado organismos máis adaptables a esas mudanzas.