Ricardo Carballo Calero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 18:
'''Ricardo Carballo Calero''' (desde 1981 asinou como '''Ricardo Carvalho Calero'''), nado en [[Ferrol]] o [[30 de outubro]] de [[1910]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[25 de marzo]] de [[1990]], foi un historiador da literatura, crítico literario, [[Filoloxía|filólogo]], [[Lingüística|lingüista]] e escritor [[Pobo galego|galego]]. Foi membro do [[Seminario de Estudos Galegos]] e do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da [[Universidade de Santiago de Compostela]], numerario da [[Real Academia Galega]] e membro de honra da [[Associaçom Galega da Língua]].
 
Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (''[[Pretérito imperfeito (1927-1961)|Pretérito imperfeito 1927-1961;]]'' 1980, ''[[Futuro condicional (1961-1980)]],'' 1982; ''[[Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985)]],'' 1986; ''[[Reticências... (1986-1989)]],'' 1990 ), a novela (''[[A xente da Barreira]]'', 1951; ''[[Scórpio]],'' 1987) e o teatro (''Teatro completo'', 1982). Destacou no campo da [[crítica literaria]] con ''Sete poetas galegos'' (1955), ''Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía'' (1959), ''[[Historia da literatura galega contemporánea]]'' (1962), ''Libros e autores galegos'' I e II (1979, 1982), ''Estudios rosalianos'' (1979) e ''Letras galegas'' (1984). É autor, tamén, dunha ''[[Gramática elemental del gallego común]]'' (1966), ''Problemas da língua galega'' (1981) e ''Da fala e da escrita'' (1983).
 
Está considerado o ideólogo do [[reintegracionismo|reintegracionismo lingüístico]], postura que defende que a [[lingua galega]] é unha variedade da [[lingua portuguesa]] ou, no ámbito científico, do [[galego-portugués]].