María Madalena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
m pé de foto
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 5:
 
== Discípula ==
As fontes afirman que [[Xesús de Nazaret]] expulsara dela sete demos[[demo]]s (Mc 16,9). Tras a curación, foi unha das discípulas itinerantes que seguiron a Xesús por [[Galilea]] e [[Xudea]], na súa predicación da boa noticianova (''evangelion'') da chegada do Reino de Deus. EstáDe feito, está en todas as relacións de mulleres seguidoras de Xesús. Isto ten chamado a atención dos esexetas e historiadores, que salientan a singularidade para a época dun grupo de mulleres que seguían a un rabí itinerante. Aparece tamén no momento da crucifixión, ao pé da cruz, cando Xesús foi abandonado depor todos.
 
Chama a atención o seu papel destacado na descuberta do sepulcro baleiro e na primeira aparición de Xesús resucitado, dado o nulo valor do testemuño dunha muller na sociedade daquel tempo. De feito os discípulos tomárono inicialmente como un delirio (Lc 24, 11). Isto foi utilizado nos primeiros séculos do [[cristianismo]] polos detractores da fe na [[resurrección]]. O filósofo platónico [[Celso]] (século II) no seu [[discurso verdadeiro contra os cristiáns]] descualifica unha fe que se basea no testemuño dunha ''muller histérica''.
Liña 18:
 
== Consideración ==
As igrexas [[Igrexa Católica Latina|católica]], [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxa]], e as orientais [[Igrexa Católica Siríaca|siriaca]], [[Igrexa Católica Copta|copta]], [[Igrexa Católica Armenia|armenia]] e [[Igrexa Católica Etíope|etíope]] tivérona sempre en gran consideración. A piedade popular e a tradición eclesiástica considérana apóstolo dos apóstolos (''Apostolorum Apostola''), por ser a primeira portadora da noticia central da fe cristiá: a [[resurrección de Xesús]].
 
Na historia da arte aparece como icona da pecadora arrepentida.