Taenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 45:
Inicialmente pensábase que os humanos adquiriran especies de ''Taenia'' (''T. solium'', ''T. asiatica'' e ''T. saginata'') despois da domesticación de grandes animais, aínda que a dieta omnívora e a busca de alimentos dos primeiros [[homínidos]] suxire que o contacto entre a ''Taenia'' ancestral estableceuse antes da aparición dos humanos modernos e a [[agricultura]] avanzada. As probas indican que a domesticación de animais polos humanos introduciu especies de ''Taenia'' en novos hóspedes intermediarios, como vacúns e porcinos.<ref name="Hoberg et al. 2001"/>
 
Os datos morfolóxicos e moleculares suxiren que a diverxencia das ''Taenia'' como parasitos humanos especializados estivo directamente asociada cos primeiros homínidos e antes da existencia do ''[[Homo sapiens]]'' moderno. As relacións predador-presa directas entre os humanos e os hóspedes intermedio e definitivo orixinais de ''Taenia'' tivo como resultado este cambio de hóspede. As evidencias ecolóxicas mostran que os primeiros homínidos predaban frecuentemente hóspedes intermedios de ''Taenia'', como os antílopes, propiciando unha coloniación máis temperá polo parasito anterior á domesticación de animais. Os primeiros homínidos tiñan unha dieta [[omnívoro|omnívora]]; eran cazadores e comedores de carniza[[prea]]. A abundancia de antílopes na [[sabana]] da África subsahariana no [[Plioceno]] tardío supoñía un enorme recurso alimenticio para os homínidos e outros animais carnívoros como os [[félidos]], [[cánidos]] e [[hiénidos]].<ref name="Hoberg et al. 2001">{{cite journal|last1=Hoberg|first1=E. P.|last2=Alkire|first2=N. L.|last3=Queiroz|first3=A. D.|last4=Jones|first4=A. |year=2001 |title=Out of Africa: origins of the ''Taenia'' tapeworms in humans |journal=Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences |volume=268 |issue=1469 |pages=781–787| doi=10.1098/rspb.2000.1579 |pmid=11345321 |pmc=1088669}}</ref> Os homínidos que cazaban antílopes ou buscaban carnizaprea mataban antílopes establecendo o inicio dunha relación hóspede parasito entre os homínidos e a ''Taenia''. Daquela, é posible que os homínidos non tivesen modo de cociñar os alimentos. Isto aumentaria grandemente as posibilidades de adquirir isos [[cisticerco]]s como resultado de comer carne non cociñada. Ademais, a transmisión do parasito puido verse potenciadopotenciada polo consumo directo do hóspede definitivo. Os datos parasitolóxicos apoian a busca de antílopes como alimentro polas especies de ''Homo'' durante o Plioceno tardío e [[Plistoceno]]. Isto corresponde co contacto inicial coascoa ''Taenia'' ancestraisancestral e a especialización en ''T. solium'', ''T. saginata'' e ''T. asiatica'', que resultou así na colonización dos primeiros homínidos como hóspedes definitivos.
 
O cambio de hóspede de ''Taenia'' é máis frecuente entre carnívoros e menos entre herbívoros por medio de [[coespeciación]]. Obsérvase un exceso de 50–60% de colonización de ''Taenia'' entre carnívoros — hiénidos, félidos e homínidos.<ref name=Hoberg2006>{{cite journal|last1=Hoberg|first1=Eric P. |year=2006 |title=Phylogeny of ''Taenia'': Species definitions and origins of human parasites |journal=Parasitology International |volume=55 |pages=S23–S30 |doi=10.1016/j.parint.2005.11.049 |pmid=16371252|url=https://zenodo.org/record/1259295 }}</ref> A adquisición do parasito ocorre máis frecuentemente entre o hóspede definitivo que entre os hóspedes intermedios.<ref name=Hoberg2006 /> Por tanto, o cambio de hóspede probablemente pode que non ocorrese a través de vacas e porcos. O establecemento de vacas e porcos como hóspedes intermedios de especies de ''Taenia'' é debido en consecuencia ás relacións sinantrópicas cos humanos. Durante os pasados 8000–10000 anos, estqableceuse a colonización das respectivas especies de ''Taenia'' desde os humanos ás vacas e aos porcos.<ref name=Hoberg2006 /> En contraste, a colonización da ''Taenia'' ancestral nos primeiros homínidos estableceuse hai 1,0–2,5 millóns de anos.<ref name=Hoberg2006 /> Isto indica claramente que a coloniación das ''Taenia'' humanas antecede a domesticación de animais.